Cerámica
arte de confeccionar obxectos de terracota, sometida á acción de calor / From Wikipedia, the free encyclopedia
A cerámica é calquera dos diversos materiais duros, fráxiles, resistentes á calor e resistentes á corrosión que se obteñen mediante a conformación e posterior cocción dun material inorgánico e non metálico, como a arxila ou a terracota, a alta temperatura[1][2] (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado. Exemplos comúns son o barro, a porcelana e o ladrillo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2023.) |
- Véxase tamén: olaría.
Tamén se refire a arte[3] que fabrica obxectos como olas ou xerras (olaría), tellas e materiais de construción. Na historia da humanidade é a primeira arte do lume e atópase antes da metalurxia e do vidro. A palabra abarca tanto o material, como a tecnoloxía e os obxectos[3] feitos con ela. Certos tipos de cerámicas son representativos dunha época, dunha cultura ou tamén das culturas arqueolóxicas.