Charles-Maurice de Talleyrand-Périgord
diplomático francés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Charles-Maurice de Talleyrand-Périgord, nado en París o 2 de febreiro de 1754 e finado na mesma cidade o 17 de maio de 1838, foi un sacerdote, político, diplomático e estadista francés. Está considerado un dos políticos máis salientables e influentes de finais do século XVIII e principios do século XIX, especialmente como diplomático encargado do Ministerio de Asuntos Estranxeiros de Francia, cargo que ocupou en catro ocasións, antes do ascenso de Napoleón Bonaparte, durante o imperio napoleónico, inmediatamente despois da caída de Napoleón e durante a restauración borbónica.
Talleyrand polariza as opinións dos estudosos. Algúns considérano o diplomático máis versátil, habilidoso e influente da historia de Europa, mentres que outros o conideran un traidor, sucesivamente ao Antigo Réxime, á Revolución Francesa, a Napoleón e á Restauración.[1]