escritor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Charles Bukowski, nado en Andernach (Alemaña) o 16 de agosto de 1920 e finado nos Ánxeles o 9 de marzo de 1994, foi un escritor e poeta estadounidense.
Nado como Heinrich Karl Bukowski, era fillo do militar estadounidense Henry Bukowski e de Katherine Fett, unha muller de orixe alemá. Nado en Andernach, Alemaña, en 1922 a familia trasladouse aos Ánxeles. O feito de ser un alemán de pai estadounidense en pleno auxe do nazismo en Europa provocoulle algún problema na adolescencia. Sendo novo tivo unha estraña erupción cutánea por todo o corpo que lle deixou marcas para toda a vida. Porén, a marca que levou dentro foi unha terríbel infancia que viviu, con constantes malleiras do seu pai. Isto, xunto coa depresión económica de 1929, levouno a relacionarse de por vida co alcol.
Matriculouse en xornalismo no Los Angeles City College, mais abandonou os estudos en 1941. Mantívose economicamente grazas a traballos temporais, que abandonaba unha e outra vez cando gañaba o primeiro premio do hipódromo.
Publicou o seu primeiro relato en 1944, o que puido significar unha emerxente carreira de escritor. Porén, abandonou a literatura durante dez anos, somerxido no alcolismo.
Servizo de Correos, publicada en 1971, foi a súa primeira novela. O éxito desta permitiulle abandonar o seu traballo na oficina de correos que retratou de maneira certamente crúa na obra. Está protagonizada por Henry Hank Chinaski, o seu alter ego e narrador máis fiel.
A obra de Bukowski, considerado o último escritor maldito, sempre se centrou nun estraño mundo pseudoautobiográfico, retratado como un perdedor alcólico ou como un escritor de éxito alcólico, en función da época de ambientación da obra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.