From Wikipedia, the free encyclopedia
Charles Chipiez nado en Écully o 11 de xaneiro de 1835 e finado en París o 9 de novembro de 1901 foi un arquitecto, historiador da arquitectura e exiptólogo francés do século XIX.[1] Profesor da Escola Especial de Arquitectura, ten entre os seus logros a construción da Escola Nacional de Formación Profesional Armentieres en 1887, a actual Escola de Educación Tecnolóxica Gustave Eiffel Armentieres.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jérôme Charles Chipiez 11 de xaneiro de 1835 Écully, Francia |
Morte | 9 de novembro de 1901 (66 anos) 6.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia da arquitectura, arquitectura e exiptoloxía |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | arquitecto , arqueólogo , historiador da arte , exiptólogo |
Empregador | Special School of Architecture (en) |
Alumnos | Alexandre Fournier (en) |
Lingua | Lingua francesa |
A finais do século XIX realizou xunto co arqueólogo Georges Perrot unha gran viaxe de estudos da arquitectura antiga co apoio da editorial Hachette. Esta viaxe levounos a través de Grecia,[2] Irán,[3] Exipto,[4][5]Turquía e outros países[6][7][8][9].
Realizan estudos na maioría dos monumentos arquitectónicos da antigüidade e moitas reconstrucións baseadas na observación coidadosa das esculturas e ruínas. Publican ao seu regreso unha obra en varios volumes dunha historia sintética da arquitectura antiga, con moitas ilustracións. A obra permanece inacabada por mor das mortes sucesivas de ambos. Despois da morte de Chipiez, Georges Perrot continuou escribindo e publicando só os dous últimos libros (volumes IX e X).[10]
Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.