Choque
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un choque[1][2] (shock) é unha síndrome clínica complexa e de múltiples causas, estado crítico no seo dunha enfermidade grave producida por unha redución da achega de osíxeno aos tecidos, que determina lesión celular, inicialmente reversible, e se se prolonga, dano irreversible. O factor común: a insuficiencia do sistema circulatorio para manter a perfusión e función celular.
Datos rápidos ICD-10, ICD-9 ...
Choque | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
ICD-10 | R57 |
ICD-9 | 785.50 |
DiseasesDB | 12013 |
MedlinePlus | 000039 |
eMedicine | med/285 emerg/533 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Pechar
Clasificación do choque. |
Hipovolémico
|
Cardioxénico
|
Vasoxénico
|
O mantemento da perfusión de órganos vitais é fundamental para sobrevivir, polo que a hipoperfusión tisular provoca fallo multiorgánico, caracterizado inicialmente por : taquicardia, diminución da tensión arterial e da diurese, xunto con confusión.
Aínda que existen outros grupos de clasificación do choque, o enfoque clásico clasificounos en tres grupos fundamentais:
- Hipovolémico
- Cardioxénico
- Vasoxénico