From Wikipedia, the free encyclopedia
Christiane Nüsslein-Volhard, nada en Magdeburg o 20 de outubro de 1942,[1] é unha bióloga alemá, xunto con Eric Wieschaus, conduciu un espectacular e exitoso proxecto de mutaxénese a grande escala que iluminou o programa de desenvolvemento embriónico da mosca da froita (Drosophila melanogaster).
A bioloxía molecular é tradicionalmente feudo de pequenos laboratorios e experimentos que amosan principios ou exemplos de posible significación xeral. A norma son experimentos que mostran a actividade dun xene ou a acción dunha proteína. Por outra parte, a vixilancia de complexos biolóxicos son relativamente raros. Pero xenetistas como Nüsslein-Volhard foron máis ambiciosos, desenvolvendo coleccións de organismos mutantes que serven para fundamentar a investigación de procesos completos e ás veces, o traballo de moitos investigadores.
As moscas da froita foron longo tempo o cabalo de batalla da xenética polo seu pequeno tamaño, pequeno tempo de crecemento e complexidade vital. O rico conxunto de ferramentas e coñecemento preexistente continúa a fertilizar traballos posteriores. O que Nüsslein-Volhard e Wieschaus fixeron foi xerar mutacións aleatorias en xenes individuais e coller os representativos con descendentes amosando efectos letais durante o desenvolvemento embriónico (por exemplo, defectos de nacemento en moscas).
Desenvolveron unha vasta colección mutantes malformados, moitos con nomes descritivos como ourizo, aleixado e cogombro. O estudo deses mutantes e as súas interaccións levou a importantes novas percepcións do desenvolvemento temperá da Drosophila, de xeito especial os mecanismos que subxacen ós segmentos corporais, o que influenciou directamente estudos sobre segmentación en mamíferos, o que (de xeito menos obvio) é central no noso desenvolvemento e é aínda evidente na nosa columna vertebral.
En 1995 recibiu o Nobel de Fisioloxía ou Medicina xunto a Edward B. Lewis e Eric Wieschaus.[2]
En 2022, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.