Clasificación mundial da FIFA
From Wikipedia, the free encyclopedia
A clasificación mundial da FIFA (oficialmente Clasificación Mundial FIFA/Coca-Cola, tamén coñecido como ranking FIFA) é un sistema de clasificación das 208 seleccións de fútbol masculino pertencentes á FIFA, utilizado dende agosto de 1993. Esta clasificación baséase nos resultados dos partidos oficiais entre as distintas seleccións a través da entrega de puntos. O actual sistema considera os resultados do últimos oito anos, ponderando con maior valor os resultados máis recentes para reflectir de mellor forma a competitividade actual dos equipos e outras variables, como as características do rival, o lugar de realización do partido e o torneo en que foi disputado (por exemplo, asignándolle maior valor ás fases finais da Copa Mundial de Fútbol que a partidos amigables).
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Aínda que esta clasificación é obxectiva ao utilizar fórmulas matemáticas, foi obxecto dun intenso debate, debido a que non reflicte realmente o poder de certos equipos e non considera a traxectoria e a historia das diferentes seleccións. Debido a isto, a FIFA decidiu utilizar un novo sistema, o cal rexe desde o 12 de xullo de 2006. Existen outras clasificacións baseadas en sistemas como, por exemplo, o sistema de puntuación Elo utilizado no xadrez. Dende o mes de xullo de 2010, o equipo que ocupa o primeiro posto da clasificación mundial é España.