escritor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Claude Simon, nado en Antananarivo (Madagascar) o 10 de outubro de 1913 e finado en París o 6 de xullo de 2005, foi un escritor francés considerado un dos pais do Nouveau roman. Gañou o Premio Nobel de Literatura en 1985 pola calidade das súas novelas, "que combinan a creatividade do poeta e a do pintor ao dar profundo testemuño da complexidade da condición humana".
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Claude Eugène Henri Simon 10 de outubro de 1913 Antananarivo, Madagascar |
Morte | 6 de xullo de 2005 (91 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montmartre |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Collège Stanislas (París) Lycée Saint-Louis (pt) |
Actividade | |
Ocupación | escritor , novelista |
Membro de | |
Movemento | Nouveau roman |
Lingua | Lingua francesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Brigadas Internacionais |
Conflito | Guerra civil española |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Réa Karavas |
Premios | |
Claude Simon naceu en Madagascar cando era unha colonia francesa. Un ano despois, o seu pai, oficial do exército, foi asasinado na primeira guerra mundial e Claude instalouse coa súa nai en Perpiñán, no sur de Francia (preto da fronteira española), onde residía a súa avoa.
Ao finalizar a escola secundaria no Collège Stanislas en París e tras unhas breves estancias académicas en Oxford e Cambridge, estudou pintura na Academia do mestre cubista André Lhote e tamén en Oxford e en Cambridge. Viaxou por España, Alemaña, a Unión Soviética, Italia e Grecia. Esta experiencia así como a da segunda guerra mundial desempeñarán un papel moi importante no seu traballo literario.
En 1936 viaxou a Barcelona e loitou na guerra civil á beira da República. A experiencia desta guerra inspiraría algún dos seus mellores libros como Le Palace (O palacio, 1962) ou Le jardin des plantes en 1997.
Ao estalar a segunda guerra mundial, participou na Batalla do Meuse (1940), pero foi detido polos alemáns que o enviaron a un campo de prisioneiros en Saxonia. No traslado a un campo de prisioneiros en Francia, conseguiu escaparse e afiliouse ao movemento da Resistencia Francesa. Refuxiouse no sueste francés, entón zona libre, onde comprou unha propiedade en Salses, preto de Perpiñán e se converteu nun viticultor amante da pintura e a fotografía, antes de dedicarse á escritura.
A súa primeira obra como escritor, Le Tricheur (O Tramposo) publicouse en 1946 e un ano máis tarde La Corde Raide (A corda frouxa), pero é en 1960 cando se publica o seu primeiro éxito literario, La Route des Flandres (A ruta de Flandres), que trata sobre a derrota militar francesa en 1940 e polo cal recibiría o premio da Nouvelle Vague en 1961. En 1967 obtería un novo galardón, o premio francés de vangarda Médicis, polo seu libro Histoire (Historia, 1967), que conta un día calquera na vida dun home novo. Esta obra confirmouno como autor de prestixio e minoritario, unha consideración que non cambiará ata a obtención do Nobel.
Xunto con Robbe-Grillet e outros escritores como Nathalie Sarraute, Robert Pinget, Samuel Beckett, Jean Ricardou e Claude Ollier formou parte do grupo literario do nouveau roman emerxido en Francia en 1950, que brevemente tivo tamén por membros a Michel Butor e Marguerite Duras.
En 1981 sae á luz Les Géorgiques (As Xeórxicas, 1981) onde en tres épocas distintas e en períodos de axitación e violencia -a Revolución Francesa, a guerra civil española e a segunda guerra mundial- tres personaxes viven sucesos e experiencias que parecen superponerse. Neste libro o autor volve reflectir a súa experiencia no bando republicano da guerra civil española. Ao concederselle o Premio Nobel de Literatura en 1985, a Academia Sueca mencionou esta novela como a súa obra se cadra máis importante.
En 1989 publica L'Acacia (A acacia), unha novela fortemente autobiográfica e que é recoñecida como unha obra mestra da literatura antibélica. Nesta obra describe a viaxe coa súa nai e a súa tía a través da devastada Francia de 1918 en busca da tumba do seu pai.
A Universidade de East Anglia fíxoo doutor honororífico en 1973.
Nos últimos anos, viviu retirado do éxito, alternativamente no sur de Francia e de incógnito en París, cerca do xardín botánico que deu título a unha das súas novelas Le jardin des plantes (1997).
En 2001, con 88 anos, publicou a súa última novela Le tramway (O tranvía), unha autobiografía con recordos da súa infancia e vellez na que se describe a si mesmo como un autor difícil, aburrido, ilexible e confuso.
Morreu o 6 de xullo de 2005 aos 91 anos de idade. O primeiro ministro francés, Dominique de Villepin, que expresou a súa "tristura máis profunda" pola morte de Simon, dixo na súa declaración "A literatura francesa perdeu a un dos seus grandes autores".
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Claude Simon |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.