roupa de cama From Wikipedia, the free encyclopedia
Un cobertor[1] é unha peza téxtil de la, cotón etc., en forma de cadrado ou de rectángulo, que se usa fundamentalmente para abrigarse na cama. Tamén pode denominarse manta[2].
Os cobertores úsanse para se protexer do frío, e en especial para se acochar ou arroupar mentres se dorme. Diferéncianse dos edredóns, sobrecamas, sabas e doutros cobertores polo seu grosor. Polo xeral fabrícanse con forma alargada e rectangular.
O seu uso específico ao longo da historia no comercio e a guerra asociouna como peza complementaria no oficio dos arrieiros e carrexadores de auga e na impedimenta das cabalarías.
Moitos dos materiais para fabricar cobertores, como a la, empréganse porque son grosos e polo tanto máis axeitados para a súa feitura, porén tamén se usa o cotón no caso de cobertores máis lenes. Os de la son máis quentes. Os máis comúns son acrílicos, de poliéster, de visón, de cotón e de la. Mais tamén os hai de materiais exóticos coma o gancho afgán ou cubertos de seda. En Galicia os cobertores facíanse a man no tear da casa, especialmente de la. Eran comúns os de cor beixe natural da la, con algunhas liñas ou fitas tinxidas de cores con tinturas naturais.
Os cobertores teñen sido empregados no exército para durmir, sendo os maiores consumidores de mantas de la de todos os tempos. As mantas militares adoitan ser de cor cinsenta, de la, e bastante grosas. Fornecedores como J. E. Ashworth & Sons e Faribault Woolen Mills fixeron a metade de todos os cobertores empregados nos EUA de todos os tempos.
Cobertores e mantas máis pequenos pódense empregar fóra do leito, por exemplo para se cubrir en sofás e cadeiras de brazos, ou coma obxectos de decoración.
Un dos usos máis populares dos cobertores é o seu uso no chan en xantares campestres (pícnics). O seu uso foi moi popular nas romarías galegas, onde a xente procura lugares con herba e cómodos para emprazar as mantas no chan. Téñense de feito deseñado mantas especialmente para este uso.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.