Comisión de Ensaios dos Estados Unidos
axencia gobernamental estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Comisión de Ensaios dos Estados Unidos (en inglés: United States Assay Commission) foi unha axencia do Goberno dos Estados Unidos en vigor desde 1792 ata 1980, encargada de supervisar as emisións anuais de moedas de prata e de ouro —e nos últimos anos tamén de metal común— producidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, para garantir o cumprimento das súas especificacións legais.
Comisión de Ensaios dos Estados Unidos –United States Assay Commission– | |
---|---|
Logotipo do Departamento do Tesouro dos EEUU | |
Tipo | Axencia do Departamento do Tesouro |
Fundación | 2 de abril de 1792 |
Localización | Washington, D.C. Estados Unidos. |
Industria | Análise da moeda de prata e de ouro dos EEUU. |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aínda que algúns dos seus membros estaban predeterminados pola lei, a maior parte das persoas comisionadas nomeábase anualmente entre destacadas personalidades estadounidenses. O nomeamento da Comisión de Ensaios era moi solicitado, en parte porque os seus membros recibían unha apreciada medalla conmemorativa. Estas medallas, diferentes cada ano, son extremadamente raras, coa excepción da de 1977, que se vendeu ao público xeral.
A creación da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos foi autorizada pola Lei da Moeda de 1792 e a partir de 1797 reuniuse a maioría dos anos na Casa da Moeda de Filadelfia para comprobar o peso e a lei das moedas de ouro e de prata. En 1971 foi a primeira vez que a Comisión se reuniu mais sen moedas para analizar en metais preciosos, dado que xa non existían; así as cousas, en 1977 o presidente Jimmy Carter deixou de nomear os membros da Comisión que eran da súa competencia e en 1980 asinou unha lei que a abolía formalmente.