lugar da parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
Cornes é un lugar do antigo concello de Conxo, situado ao suroeste de Santiago de Compostela e dende 1925 integrado neste.[1] Cornes aínda existe como núcleo e novas rúas, hortas e campos, entre a avenida de Romero Donallo, a avenida de Vilagarcía, Conxo e a Pontepedriña.
A orixe do nome Cornes podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira a antiga aldea de Cornes,[Cómpre referencia] que queda por baixo do camiño e que conserva a súa traza medieval, encarada á solaina do sul. O antigo do lugar de Cornes aínda pervive, nunha área urbanizada sucesivamente dende inicios do século XX. En Cornes atopábase a antiga casa do concello de Conxo (actual avenida de Vilagarcía, 28). Un pouco máis arriba, na antiga Casa da Parra, na actual praza de Vigo, naceu Rosalía de Castro.[2]
Cornes-O Carril foi a primeira liña de camiño de ferro de Galicia, inaugurada o 15 de setembro de 1873.[3][4] Ao redor da estación levantáronse almacéns de aceite, viño, carbón, froita, sal, madeira, cemento etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros, principalmente marmoristas, carpinteiros e tallistas. Había tamén unha canteira de pedra, unha imprenta e un taller de coches. Diante da aldea está o campo chamado A Toxeira. Por riba da estrada estaba O Agro e a canteira.
En Cornes Formoso campo de Cornes, Cando te crobes de lirios Tamén se me crobe á yalma De pensamentos sombrisos. De Cornes lindo lugare Que cruzan tantos camiños, Anque cuberto de rosas, As rosas, tamén fan guizos. [...] |
Cornes ten adicado un poema no libro Follas Novas de Rosalía de Castro, En Cornes.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.