Concello de Conxo

antigo municipio da provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Concello de Conxo
Remove ads

Conxo foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1835 e 1925 en que foi anexionado ao concello de Santiago de Compostela.

Datos rápidos Localización, Datos históricos ...
Remove ads

Xeografía

O concello comprendía as parroquias de Conxo, Laraño, Villestro, Figueiras, O Eixo, Aríns, Bando e Marrozos. Parte do actual ensanche compostelán e das actuais parroquias de Vidán, Santa Marta e o Castiñeiriño foron escindidas na súa maior parte da de Conxo.

Lugares de Conxo cara a 1910

En torno a 1910 Conxo estaba composto polas seguintes sesenta e seis entidades de poboación[1], distribuídas en oito parroquias:

Remove ads

Historia

Constituíuse en 1835 como concello independente. Un acto importante na historia de Conxo é o chamado Banquete de Conxo, que tivo lugar en 1856 con Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre á cabeza. En 1925 foi anexionado ao concello de Santiago de Compostela. O derradeiro alcalde de Conxo foi José Lema Martínez.

Neste concello naceron a poetisa Rosalía de Castro (1837) e o toureiro Eduardo Nogueira Pereira, El Lavadito (1897).

Remove ads

Listaxe dos alcaldes de Conxo

Esta é unha listaxe incompleta dos alcaldes que tivo o antigo Concello de Conxo. As datas de goberno expresadas son aproximadas[6].

Reinado de Isabel II

Rexencia de María Cristina de Borbón (29/09/1833 - 17/10/1840)

  • 1837-1839: Domingo Fernández

Rexencia de Espartero (17/10/1840 - 23/07/1843)

  • 1840-1842: Juan Cajide Casal

Maioría de Idade (23/07/1843 - 03/05/1844)

Década Moderada (03/05/1844 - 18/07/1854)

  • 1850-1854: José Fernández Robles

Bienio Progresista (18/07/1854 - 14/07/1856)

  • 04/08/1854-??: suspensión do Concello de Conxo e agregación ao de Santiago
  • 1855-1856: Pedro Rodríguez (1ª vez)

Bienio Moderado (14/07/1856 - 30/06/1858)

  • 1856-1858: Tomás Seoane Pérez

Gobernos da Unión Liberal (30/06/1858 - 02/03/1863)

  • 1858-1860: Pedro Rodríguez (2ª vez)
  • 1860-1862: Domingo Aldrey

Crise Final (02/03/1863 - 19/09/1868)

  • 1863-1863: Manuel Villanueva
  • 1864-1868: Manuel Seoane Suárez (1ª vez)

Goberno Provisional

Período que se estende entre o 19 de setembro de 1868 e o 2 de xaneiro de 1871.

  • 1868-1871: Bernardo Fontáns

Reinado de Amadeu I

Período que se estende entre o 2 de xaneiro de 1871 e o 11 de febreiro de 1873.

  • 1871-1880: Manuel Seoane Suárez (2ª vez)

Primeira República

Período que se estende entre o 11 de febreiro de 1873 e o 29 de decembro de 1874

Restauración borbónica

Reinado de Afonso XII (1874 - 1885)

  • 1880-1885: Antonio Vidal Mareque

Rexencia de María Cristina (1885 - 1902)

  • 1885-1887: Domingo Vidal Devesa
  • 1887-1889: Antonio Froilán Rey
  • 1889-1891: Santiago Rey
  • 1891-1892: Diego Albardonedo Varela
  • 1893-1900: Luis Torre de la Calle
  • 1900-1904: Manuel Seoane Suárez (3ª vez)

Reinado de Afonso XIII (1902 - 1923)

  • 1904-1906: Ignacio Baliñas Pérez
  • 1907-1910: José Rey Villanueva
  • 1911-1913: Benito Vidal de la Iglesia
  • 1913-02/04/1920: José Rivas Seoane
  • 02/04/1920-04/05/1920: José Viaño
  • 04/05/1920-outubro de 1923: Antonio González Botas

Ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923 - 1930)

  • outubro a novembro de 1923: Comisión Militar
  • novembro de 1923-11/01/1924: Manuel Cepeda Ruibal
  • 11/01/1924-15/05/1925: José Lema Martínez
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads