Cornualla

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cornuallamap

Cornualla[1][2], Cornualles,[3] ou Cornualle[4] (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa parte da península do mesmo nome, no extremo suroccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014[5]. As súas costas, moi recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistère bretoa.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Modelo:Xeografía políticaCornualla
Cornwall (en)
Kernow (kw) Editar o valor en Wikidata
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 50°18′N 4°54′O
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsSuroeste de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
CapitalTruro Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación575.525 (2020) Editar o valor en Wikidata (161,53 hab./km²)
Lingua usadaLingua córnica
lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie3.563 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Código NUTSUKK30 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Coventry (1972–) Editar o valor en Wikidata
Área de Salientable Beleza Natural

Páxina webcornwall.gov.uk Editar o valor en Wikidata
Pechar

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, co río Tamar como fronteira entre ambos. As estradas principais de comunicación co resto da illa de Gran Bretaña son a A38 —que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar— e a A30 —que cruza a fronteira polo sur de Launceston—. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Scilly están asociadas a Cornualla.

Cornualla é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualla, correspondente ao herdeiro do rei.[6] O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como doutras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña. Entre 2005 e 2022, o título gañou notoriedade por ser empregado de xeito preferente por Camila do Reino Unido logo da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra.

Política e lingua

Os nacionalistas córnicos están organizados en dous partidos políticos: Mebyon Kernow e o Cornish Nationalist Party. Tamén hai un movemento partidario da autonomía que recolleu 50.000 sinaturas.

A lingua córnica está emparentada co galés e o bretón, formando as tres o grupo britónico de linguas celtas, distinguíndose do grupo goidélico que forman o irlandés, gaélico escocés e manx. Foi lingua viva até 1777 sendo Dolly Pentreath a derradeira persoa monolingüe. A publicación de "Handbook of the Cornish Language" en 1904 provocou un interese por revivila.

Pese a que non se realizou ningún censo ó respecto, suponse que hai unhas 2000 persoas que falan o idioma, aínda que só unhas 100 o fan fluidamente. Recentemente o goberno británico recoñeceuna como idioma minoritario.

Algúns apelidos teñen os prefixos Tre, Pol, ou Pen, e como di o seu dito "por Tre, Pol e Pen saberás quen é córnico."

Historia

O nome inglés moderno deriva do nome tribal Cornovii e da palabra anglosaxoa wealas. Cornovii é moi probable que signifique pobo da península. Wealas é tamén a orixe do nome Gales. En córnico é nomeado como Kernow.

Cornualla foi a principal fonte de abastecemento de estaño para as civilizacións do Mediterráneo antigo, sendo coñecida como as Casitérides e unha vez os córnicos foron considerados os maiores mineiros do mundo. Cando as reservas de estaño se esgotaron, emigraron a lugares como América (os Estados Unidos e a Arxentina principalmente), Australia, Nova Zelandia e Suráfrica. Moitas palabras córnicas relacionadas coa minería pasaron ó inglés como costean, gunnies, e vug.

Dende o declive da minería, agricultura e pesca, a economía vén decantándose polo turismo, grazas a unhas das máis espectaculares costas do mundo. Así as cousas, a economía está deprimida e a rexión foi recoñecida pola Unión Europea como unha das do Obxectivo 1.

Bandeira

Hai discusións sobre quen é o patrón de Cornualla: san Miguel, san Petroc ou san Piran. San Piran é o máis popular: o seu emblema (unha cruz branca sobre campo negro) está recoñecido como a bandeira de Cornualla, se ben non oficialmente (os condados non teñen bandeira) e o seu día (5 de marzo) é celebrado polos córnicos de todo o mundo.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.