Corrente de Benguela
corrente oceánica do Atlántico sur / From Wikipedia, the free encyclopedia
A corrente de Benguela é unha corrente fría que flúe cara ao norte e forma a parte oriental do xiro do océano Atlántico sur, e que se dirixe ao norte paralela á costa oeste de África (Suráfrica, Namibia, Angola). Toma o seu nome da cidade angolana de Benguela.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Benguela (homónimos).
Conforme se vai acercando ao ecuador vai quecendo e derivando cara ao oeste pola forza de Coriolis e pola propia conformación da costa africana orixinando a corrente ecuatorial do Sur (corrente cálida) que se dirixe cara ás costas do Brasil.