Così fan tutte
ópera de Wolfgang Amadeus Mozart / From Wikipedia, the free encyclopedia
Così fan tutte, ossia La scuola degli amanti (en galego Así fan todas, ou A escola dos amantes) é a antepenúltima ópera de Wolfgang Amadeus Mozart. Trátase dunha ópera en dous actos con libreto en italiano de Lorenzo da Ponte. Foi estreada no Burgtheater de Viena o 26 de xaneiro de 1790 baixo a batuta do propio compositor. Così Fan Tutte é a terceira e última ópera de Mozart con libreto de da Ponte (as outras dúas colaboracións foran Le nozze di Figaro e Don Giovanni). A composición de ópera foi suxerida polo emperador austríaco Xosé II de Habsburgo, mais recentes investigacións non apoian esta idea.[1] O libreto foi orixinalmente destinado a Antonio Salieri, compositor contemporáneo de Mozart, mais o compositor italiano só escribiu algunhas partes do 1º acto e, de seguida, desistiu no traballo. En 1994, John Rice descubriu dous terzetti de Salieri na Biblioteca Nacional de Austria.[2]
Cartel da estrea. | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Lorenzo da Ponte |
Estrea | 26 de xaneiro de 1790 |
Teatro da estrea | Burgtheater |
Lugar da estrea | Viena |
Duración | 3 horas |
Música | |
Compositor | Wolfgang Amadeus Mozart |
Orquestración | Cordas: * violíns (primeiros e segundos) * violas * violonchelos * contrabaixos frautas clarinetes óboes fagots trompas trompetas timbais |
Personaxes | |