Óboe
From Wikipedia, the free encyclopedia
O óboe[1] é un instrumento musical de vento madeira de lingüeta dobre que apareceu por primeira vez en Francia cara a 1660.
Datos rápidos Información, Clasificación ...
Óboe | |
---|---|
Información | |
Clasificación | |
Tesitura | |
Instrumentos relacionados |
|
Músicos notables |
|
Pechar
Dende a súa invención apenas sufriu cambios. Evolucionou da chirimía tiple e inmediatamente foi aclamado pola súa variedade tonal calidade expresiva.
Os primeiros óboes posuían un ton estridente e desafinaban con facilidade, pero a pureza de ton do óboe moderno fixo que normalmente se use como referencia para afinar o resto dos instrumentos da orquestra.
A dificultade para soprar a través dunha boquilla de lingüeta dobre fai que as familias dos óboes e os fagots resulten difíciles de interpretar nos seus rexistros graves.