![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/57/Cristina_Peri.jpg/640px-Cristina_Peri.jpg&w=640&q=50)
Cristina Peri Rossi
escritora uruguaia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cristina Peri Rossi, nada en Montevideo, Uruguai, o 12 de novembro de 1941, é unha escritora, tradutora e activista política uruguaia. Exiliada en España desde 1972, reside en Barcelona, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira literaria.
![]() (1986) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de novembro de 1941 ![]() Montevideo, Uruguai ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España (1975–) Uruguai ![]() |
Educación | Instituto de Profesores Artigas ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía ![]() |
Ocupación | lingüista , escritora , xornalista , novelista , poetisa , tradutora , activista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Participou en | |
20 de xuño de 1998 | For a new model of Catalonia (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios
| |
Páxina web | cristinaperirossi.es ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Segundo o crítico Seymour Menton, foi unha das contistas contemporáneas máis destacadas do Uruguai a partir da década de 1950. Os editores da revista Confluencia din que «é considerada unha das escritoras máis importantes de fala castelá, traducida a máis de vinte linguas, incluídas o yiddish e coreano».[1][2] Foi censurada durante a ditadura militar que gobernou Uruguai de 1973 a 1985. A súa obra foi prohibida no país, así como a mención do seu nome nos medios de comunicación. Malia o seu exilio no Estado Español, baixo o réxime de Franco, e tamén despois en París, a autora seguiu publicando obras de alto contido político e non deixou de involucrarse en labores de activismo fóra do Uruguai.
Peri Rossi foi unha autora pioneira[3] e é a única escritora feminina vinculada ao boom latinoamericano, un movemento xeralmente asociado con autores como Gabriel García Márquez, Mario Vargas Llosa e Carlos Fuentes.[4] Traduciu ao español obras de Clarice Lispector e Monique Wittig, e colaborou en medios de comunicación españois como Diario 16, El Periódico e a Axencia EFE.[5][6]
En 2021 foi galardoada co Premio Cervantes.[7]