Cydonia é unha rexión do planeta Marte, que atraeu a atención tanto de científicos[2] coma a atención popular.[3][4] O nome orixinal referise a un accidente xeolóxico de albedo (unha área coloreada de xeito distintivo) que era visible dende telescopios terrestres. Cydonia anda a cabalo entre as fronteiras das planicies de Acidalia Planitia e as terras altas de Arabia Terra.[5]

Datos rápidos Tipo de rexión, Rexión de ...
Cydonia
Thumb
Unha pequena porción da rexión de Cydonia onde se pode aprecia-la "cara de Marte", fotografada pola sonda Viking 1 e exposta pola NASA/JPL o 25 de xullo de 1976.
Tipo de rexión Regio ou de albedo
Rexión de Marte
Diámetro  ?
Coordenadas 39,67° N 360º S[1]
Procedencia do nome termo poético orixinario de Creta.[1]
Pechar

A área inclúe as rexións de Marte: "Cydonia Mensae", unha área elevada con cumio plano, "Cydonia Colles", unha rexión de outeiros e pequenas montañas, e "Cydonia Labyrinthus", unha complexa intersección de vales.[6][7] Coma outros accidentes xeolóxicos de albedo de Marte, o nome de Cydonia era o nome dun clásico accidente xeolóxico de albedo, neste caso o nome facía mención a Kydonia, unha histórica polis (ou "cidade-estado") da illa de Creta.[8]

Cydonia contén a "cara de Marte", situada a medio camiño entre o cráter Arandas e o cráter Bamberg[5] A formación caveira da ESA está a uns poucos quilómetros ó sur da "cara".[5]

Localización

Datos rápidos
Imaxes externas
Imaxe da rexión de Cydonia tomada pola Mars Express
© ESA/DLR/FU Berlin (G. Neukum)
Credit & Copyright - Scale: 13.7 m/pixel
Mapa de situación da rexión de Cydonia
© FU Berlin/MOLA
Credit & Copyright - Coordenadas: 340ºE-0º e 50ºN-30ºN.
Pechar

Cydonia está no hemisferio norte, nunha zona de transición entre a fronteira da craterizada da rexión de Arabia Terra que queda ó sur e as planicies de Acidalia Planitia que fican ó norte de Cydonia, hai que subliñar que teoricamente Cydonia pertence á gran rexión de Acidalia Planitia, aínda que nos créditos do mapa de situación de Cydonia da ESA (acceso polo apartado de imaxes externas) se mencione que pertence a Arabia Terra, o propio mapa, que está coloreado en base a altitude, despexa calquera dúbida, xa que Cydonia, excepto a súa mensa e as áreas adxacentes á mesma, está case mesma altitude có resto das planicies de Acidalia Planitia. Algúns planetólogos pensan que existe a posibilidade de que as planicies de Acidalia foran noutra época un leito oceánico[9] e que Cydonia puido se-la súa zona costeira.[10]

"A cara de Marte"


Thumb
Versión recollida do procesado da imaxe orixinal (#35A72) da "Cara de Marte". Os puntos brancos da imaxe son o resultado erros nos datos.[11]
Thumb
A imaxe de 1976 tomada polo Viking Orbiter (esquerda, imaxe #70A13) comparada coa tomada no 2001 pola sonda Mars Global Surveyor (dereita). Cunha resolución de 20 metros por pixel.

Un dos accidentes xeolóxicos da rexión de Cydonia, a "cara de Marte" (de aproximadamente 1,5 km de longo), tivo moita repercusión na cultura occidental despois de ser fotografada e amosada ó público no ano 1976, debido á súa gran semellanza cunha faciana.[12] Este caso natural de pareidolia inspirou a moita literatura de ciencia ficción xa que se lle atribuía unha orixe artificial.[12][13] Por comparación, este caso semellase co caso de pareidolia que ocorría no noso planeta co Old Man of the Mountain de Nova Hampshire, antes de que a montaña se colapsase perdendo a forma de ancián que posuía.

Nunha das imaxes tomadas pola sonda Viking 1 o 25 de xullo do ano 1976, ó longo de 2 km dentro da rexión de Cydonia, nas coordenadas exactas de 40,75°N-9,46°O,[14] aparecía un accidente xeolóxico con forma de cara humanoide, a coñecida coma "Cara de Marte". Cando a imaxe orixinal foi catalogada, o xefe científico da Viking, Gerry Soffen, descartou a imaxe 35A72 da "cara"[15] argüíndo que era un truco de luces e sombras.[16][17] Aínda que, nunha segunda imaxe, a 70A13, tamén aparecía a "cara", e que foi tomada pola Viking despois de que esta efectuase 35 órbitas máis cun ángulo diferente de luz respecto da imaxe 35A72. Isto foi descuberto con posterioridade e por separado por Vincent DiPietro e Gregory Molenaar, dos enxeñeiros de computación do centro Goddard Space Flight Center da NASA. DiPietro e Molenaar descubriron estas dúas imaxes perdidas nos arquivos, as imaxes Viking 35A72 e 70A13, mentres estaban navegando polos arquivos da NASA.[18]

Cydonia foi fotografada en detalle por primeira vez polas sondas orbitais Viking 1 e Viking 2. Dende os orbitadores tomáronse dezaoito imaxes da rexión de Cydonia, desas dezaoito imaxes só sete tiñan unha resolución de 250 m/pixel ou unha resolución mellor. As outras 11 imaxes tiñan resolucións moito peores, do redor 550 m/pixel, o cal as fai virtualmente inservibles para o estudo de accidentes xeolóxicos de pequeno tamaño. Das outras sete imaxes de maior calidade, a pobre iluminación e o mal tempo nas que se tomaron dúas delas, fai que o número de imaxes aproveitables se reduza a cinco. Os números da imaxes no catálogo de Mission to Mars: Viking Orbiter Images of Mars son: 35A72 (VO-1010), 70A13 (VO-1011), 561A25 (VO-1021), 673B56 & 673B54 (VO-1063), e 753A33 & 753A34 (VO-1028).[19] Partes desta rexión foron posteriormente fotografadas con resolucións moito mellores, grazas ás sondas Mars Global Surveyor, Mars Express e Mars Reconnaissance Orbiter.

Imaxes posteriores

Despois de máis de 20 anos de que a Viking 1 tomase as primeiras imaxes de Cydonia, unha sucesión de novas sondas visitaron Marte e recolleron unha nova fornada de datos da rexión. Estas sondas inclúen a Mars Global Surveyor (1997–2006)[20] e a sonda Mars Reconnaissance Orbiter (2006-), ámbalas dúas da NASA ,[21] e a sonda Mars Express da Axencia Espacial Europea (2003-).[22] En contraste coas imaxes tomadas pola Vinking, as novas imaxes teñen moita máis resolución, de feito as imaxes da Mars Express teñen unha resolución 14 m/pixel en nalgúns caso as resolucións son mellores. Combinado os datos da High Resolution Stereo Camera (HRSC) da sonda Mars Express e os datos da Mars Orbiter Camera (MOC) da sonda Mars Global Surveyor da NASA, é posible obter representacións en 3D da "cara" de Marte.[20]

Thumb
Imaxe da "Cara de Marte" tomada coas cámaras de alta resolución da sonda Mars Reconnaissance Orbiter, a imaxe procedente da Viking está na esquina inferior dereita
Thumb
Imaxe da "Cara" tomada dende a Mars Global Surveyor.

Cando a "cara" foi fotografada por primeira vez e ata que se sacaron novas imaxes, foi aceptada coma un caso de ilusión óptica, un claro exemplo de pareidolia.[12] Despois da análise das imaxes de gran resolución da sonda Mars Global Surveyor, a NASA declarou que "un detallado análise das imaxes deste accidente xeolóxico revelan é coma calquera outro outeiro natural de Marte, onde ve-la semellanza cun rostro depende do ángulo do visión e do ángulo de inclinación da luz que recibe".[23] Pódense atopar ilusións ópticas semellantes na Terra;[24] eses exemplos poderían incluír ó Old Man of the Mountain, a Pedra da Gávea, o Old Man of Hoy ou o Badlands Guardian.[25]

Especulación

Thumb
Unha das moitas formacións de Cydonia, chamada moitas veces coma "pirámide D&M".[26][27]

A pareidolia da "cara de Marte" situada na rexión de Cydonia alentou a persoas particulares e a algunhas organizacións na busca de intelixencias extraterrestres e das aterraxes desas supostas intelixencias extraterrestres na Terra, baseándose en parte nas imaxes sen moita resolución tomadas no 1977.[13][28] Algún comentaristas, o máis notable foi Richard C. Hoagland, pensaban que a "Cara" era a evidencia dunha civilización marciana desaparecida xa hai moito tempo, a cara era xunto con outros accidentes xeolóxicos con formas xeométricas ou piramidais, serían parte dunha cidade en ruínas.

Cando se aceptou a "cara" coma suxeito para o estudo científico, o astrónomo Carl Sagan criticou moito a especulación que rodeaba a este estudo no capítulo "The Man in the Moon and the Face on Mars" do seu libro The Demon-Haunted World.[29][30] A "cara" é unha referencia usual dentro dos grupos escépticos, que o usan coma exemplo de credulidade.[31] Tamén outro dato sostén as críticas de Sagan, e que hai máis "caras" en Marte, a miúdo máis definidas cá de Cydonia, pero esas imaxes non obtiveron o mesmo nivel de estudo cá imaxe da cara de Cydonia. Coma exemplo pódese pór o cráter Galle, o cal semella un "risoño" (smiley) ou outra que se asemella á ra Gustavo de Barrio Sésamo.[32] Na columna Skeptical Eye (mirada escéptica) da revista Discover ridiculizábanse as reclamacións de Hoagland, preguntándose se el cría que os alieníxenas eran fans de Barrio Sésamo.[33][34]

A parte das posibles especulacións ó redor da súa orixe artificial, Cydonia e a "Cara de Marte" aparecen frecuentemente en todo tipo de medios da "cultura popular", incluíndo filmes, vídeo xogos, música ou cómics. Pódense por moitos exemplos: aparece en filmes coma Mission to Mars (2000); na serie de TV The X-Files (no ano 1993), Invader Zim, Futurama (no ano 2002), Phineas and Ferb (no ano 2009); nos vídeo xogos Zak McKracken (1988), X-COM: UFO Defense (1993); nos cómics Martian Manhunter (#1, 1998); ou no eido da música Telemetry of a Fallen Angel dos The Crüxshadows (1995), "Knights of Cydonia" dos Muse (2006), "Hunting and Gathering (Cydonia)" de Sunn O))) (2009). A cara tamén apareceu no programa de TV Unsolved Mysteries.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.