Dólar de prata American Silver Eagle
From Wikipedia, the free encyclopedia
O dólar de prata American Silver Eagle é a moeda de prata de investimento oficial dos Estados Unidos.
Dólar de prata American Silver Eagle | |
---|---|
Libredade camiñando co Sol ao fondo. LIBERTY / IN GOD WE TRUST. Data no exergo. | |
Aguia heráldica UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUNM / 1 OZ. FINE SILVER/ ONE DOLLAR |
Aguia pousada nunha póla (desde 2021) UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUNM / 1 OZ. FINE SILVER / ONE DOLLAR |
|
Foi emitida por primeira vez pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en novembro de 1986, co valor facial dun dólar, un peso dunha onza troy e unha pureza do 99,9 % de prata. Esta moeda dun dólar de prata foi autorizada polo título II da Lei 99-61, aprobada o 9 de xullo de 1985.
Ademais da moeda de investimento, a US Mint levou a cabo unha emisión para coleccionistas en acabamento estándar e outra con acabamento especial proof (fondo espello).
O dólar de prata American Silver Eagle foi cuñado en tres das filiais da Casa da Moeda dos Estados Unidos: a Ceca de Filadelfia, a Ceca de San Francisco e a Ceca de West Point.
Esta moeda pódese utilizar legalmente para financiar investimentos de contas de xubilación individuais.[3]