David
From Wikipedia, the free encyclopedia
David (en hebreo: דָּוִד Dāwîḏ; en árabe: داوُد Dāwūd; en siríaco: ܕܘܝܕ Dawid; en grego antigo: Δαυίδ; en latín: Davidus, David) foi, segundo os Libros de Samuel, o segundo rei do Reino de Israel (século X a.C.), e de acordo co Novo Testamento, devanceiro de Xesús. A súa vida é datada de forma convencional entre c. -1040 e o -970, e o seu reinado sobre Xudá c. -1010 e o –970.[1]
David | |
---|---|
Rei de Israel | |
Estatua do Rei David por Nicolas Cordier na Capela Borghese da Basílica de Santa María a Maior de Roma. | |
Reinado | c. -1010 a -1002 (só Xudá) c. -1002 a -970 (Israel)[1] |
Nacemento | c. -1040 Belén, Xudá, Israel |
Falecemento | c. -970 (con 69 ou 70 anos) Xerusalén, Israel |
Sepultura | Cidade de David |
Predecesor | Saúl Ish-bosheth |
Sucesor | Salomón |
Consorte | Michal Ahinoam Abigail Maachah Haggith Abital Eglah Batxeba |
Descendencia | Amnón, Chileab, Abxalom, Adonías, Shephatiah, Ithream, Shammua, Shobab, Nathan, Salomón, Ibhar, Elishua, Nepheg, Japhia, Elishama, Eliada, Eliphalet, Tamar |
Casa real | Casa de David |
Proxenitores | Ixaí Nitzevet (Talmud) |
Na rede | |
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras siríacas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Os Libros de Samuel, 1 Reis e 1 Crónicas son as únicas fontes de información sobre David do Antigo Testamento, malia que a Estela de Tel Dan (datada do c. -850 ou -835) contén a frase בית דוד (bytdwd), que se le como "Casa de David", polo que moitos estudosos confirman que pode ter existido unha dinastía real xudía do século -IX chamada Casa de David.[2]
Descrito como un valoroso guerreiro de gran renome, está considerado ademais un poeta e músico que compuxo moitos dos salmos contidos no Libro de Salmos. O Rei David está amplamente considerado como un rei xusto e eficaz tanto no goberno como na batalla.
Segundo o cristianismo, David é unha salientada figura por pertencer o seu mesías Xesús de Nazaret á Casa de David. No islam, David é considerado un profeta.