From Wikipedia, the free encyclopedia
Derecha Liberal Republicana (DLR) foi un partido político español que apareceu despois da ditadura de Primo de Rivera, en setembro de 1930, creado por Niceto Alcalá Zamora e Miguel Maura[1] e que existiu durante a Segunda República Española. Pretendeu agrupar a monárquicos desencantados coa monarquía e a grupos conservadores con certa mentalidade republicana[2] e pretendían conseguir unha República conservadora.[3]
Derecha Liberal Republicana | |
---|---|
Acrónimo | DLR |
Tipo | partido político e entidade desaparecida |
Ideoloxía | Republicanismo e liberalismo conservador |
Data de fundación | 1931 |
Data de disolución | 1936 |
Fundador(es) | Niceto Alcalá-Zamora |
Sede | Madrid |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
O partido foi creado por Niceto Alcalá Zamora. Este, xunto con outros persoeiros, abandonou o Partido Liberal e eran un conxunto de antigos monárquicos e independentes que se afastaron da monarquía polo apoio dado por esta á ditadura de Primo de Rivera.[4] A seguir, fusionáronse cos republicanos de Miguel Maura inmediatamente antes do Pacto de San Sebastián (1930), e do cal formou parte Alcalá Zamora, quen foi elixido presidente do Goberno Provisorio da República. Participou nas eleccións a Cortes Constituintes de 1931 dentro das listas da Conxunción Republicano-Socialista conseguindo 23 escanos.[5]
Durante as discusións constitucionais, a dereita republicana, xunto cos radicais de Alejandro Lerroux, abandonaron a coalición republicano-socialista.
Entrementras, en agosto de 1931, a DLR decidiu trocar o seu nome polo de Partido Republicano Progresista e,[2][6] pouco despois, a súa ala dereita dirixida por Maura separouse con trece deputados e, en xaneiro de 1932, crearon o Partido Republicano Conservador.[1]
Derecha Liberal Republicana, desapareceu ao inicio da guerra civil.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.