Miguel Maura

político español From Wikipedia, the free encyclopedia

Miguel Maura
Remove ads

Miguel Maura Gamazo, nado en Madrid o 13 de decembro de 1887 e finado en Zaragoza o 3 de xuño de 1971, foi un político español.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Miguel Maura, que era fillo do político monárquico Antonio Maura foi elixido deputado en 1916. Partidario primeiro e logo detractor da ditadura de Primo de Rivera evolucionou desde posicións monárquicas cara a un republicanismo sempre moderado.

Pertenceu, xunto a Niceto Alcalá-Zamora á Derecha Liberal Republicana, un dos partidos republicanos asinantes do Pacto de San Sebastián. Cando en agosto de 1931, Derecha Liberal troca o nome polo de Partido Republicano Progresista, Maura non estivo moi de acordo e, en xaneiro de 1932, abandona o novo partido xunto con trece deputados, para crear o Partido Republicano Conservador.

Foi un dos máis distinguidos políticos dos inicios da II República Española, na que chegou a ser Ministro da Gobernación durante o Goberno Provisional (abril-outubro 1931), producíndose durante o seu mandato os episodios da "queima dos conventos" e a proclamación da Primeira República Galega. Ao formarse en outubro de 1931 o novo goberno, presidido por Manuel Azaña, Maura xa non figurou nel.

Na primavera de 1936 alcanzaron forte eco, aínda que ningunha consecuencia práctica, os seus artigos xornalísticos reclamando a instauración dunha "ditadura republicana" como medida para saír da caótica situación político-social reinante desde a chegada ao poder da Fronte Popular.

Ao iniciarse a guerra civil atopábase de veraneo en La Granja. O Presidente da República, Manuel Azaña, ofreceulle a Presidencia dun Goberno "de unión nacional" para enfrontarse coa sublevación, oferta que Maura rexeitou (e que Azaña pasou a presentar a Martínez Barrio, quen aceptou).

De novo en Madrid e sabedor de que as milicias anarquistas buscábano para executalo, pediu axuda a Indalecio Prieto quen lle procurou un avión militar co que se trasladou a Tolosa (Francia), conseguindo así salvar a vida, a diferenza do seu irmán Honorio Maura, executado polas milicias anarquistas e comunistas no forte de Guadalupe en Irún no verán de 1936. Miguel Maura regresou a España en 1953 e alí permaneceu ata a súa morte en 1971.

Remove ads

Obra

  • Así cayó Alfonso XIII: de una dictadura a otra, Marcial Pons. ISBN 978-84-96467-44-6.

Véxase tamén

Bibliografía

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads