From Wikipedia, the free encyclopedia
O dereito foral ou especial é o ordenamento xurídico civil local ou propio dunha autonomía de España. Coexiste co dereito común estatal, que se aplica de xeito supletorio.
Posúen este dereito só 6 das 17 comunidades autónomas: Aragón, Baleares (con particularidades en cada illa), Cataluña, Galiza, Navarra e o País Vasco (con particularidades segundo o territorio).[1][2] Así mesmo, está vixente o Foro de Baylío,[1] que se aplica nalgunhas localidades de Estremadura limítrofes con Portugal[3] e na cidade autónoma de Ceuta (de antigo dominio portugués).[4] O País Valenciano, malia ter tido dereitos forais, actualmente non posúe unha regulamentación en vigor a este respecto.[5]
Estes dereitos teñen orixe xeralmente nas cartas de poboamento outorgadas polos reis e señores da Península Ibérica ó fundar poboacións durante a Idade Media. As cartas tiñan como obxectivo principal o ordenamento do territorio e regulaban as condicións xurídicas do asentamento, así como as relacións entre os poboadores e o señor da terra, constituíndo a primeira manifestación da lei local.[6][7][8] Co crecemento das localidades e o aumento das relacións entre elas, as cartas de poboamento fóronse unificando en normas xurídicas comúns, que se estabelecían en forma de foros, isto é, un estatuto xurídico aplicábel a un territorio.[9] Con todo, a fonte do dereito tamén pode ser de orixe consuetudinaria, como é o caso de Galiza.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.