Dikembe Mutombo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Dikembe Mutombo Mpolondo Mukamba Jean-Jacques Wamutombo, máis coñecido como Dikembe Mutombo, nado o 25 de xuño de 1966 en Kinshasa, é un ex xogador profesional de baloncesto congolés-estadounidense que xogou durante 18 temporadas na National Basketball Association (NBA). Fóra do baloncesto, é coñecido pola súa labor humanitaria.
Dikembe Mutombo | |
---|---|
Posición | Pivote |
Dorsal | 55 |
Altura | 2,18 m (7 ft 2 in) |
Peso oficial | 118 kg (260 lb) |
Nacemento | 25 de xuño de 1966 (57 anos) Kinshasa, RD Congo |
Carreira | |
Universidade | Georgetown (1988–1991) |
NBA Draft | 1991 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por Denver Nuggets |
Tempadas | 1991–2009 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 11 729 (9,8 pp) |
Rebotes | 12 359 (10,3 pp) |
Tapóns | 3 289 (2,8 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Cunha altura de 2,18 m e un peso de 120 kg; o pivote, que comezou a súa carreira nos Georgetown Hoyas, está considerado un dos mellores taponadores e xogadores defensivos da historia, tendo gañado o trofeo ao Mellor Defensor da NBA en catro ocasión; ademais foi oito veces seleccionado para xogar o All-Star. O 10 de xaneiro de 2007, superou a Kareem Abdul-Jabbar como o segundo mellor taponador da historia da NBA, tan só por detrás de Hakeem Olajuwon. Nos Playoffs de 2009, Mutombo sufriu unha lesión no xeonllo acabu propiciando a súa retirada.[1] Desde o ano 2015 é membro do Basketball Hall of Fame.