![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0f/CREB.png/640px-CREB.png&w=640&q=50)
Dominio bZIP
From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioloxía o dominio cremalleira de leucina básica (dominio bZIP) encóntrase en moitas proteínas eucariotas que se unen ao ADN. Unha parte do dominio contén unha rexión que media propiedades de unión ao ADN específicas de secuencia e a cremalleira de leucina que se require para manter xuntas (dimerizadas) as dúas rexións de unión ao ADN. A rexión de unión ao ADN comprende varios aminoácidos básicos como a arxinina e a lisina. As proteínas que conteñen este dominio son factores de transcrición.[1][2]
- Para o algoritmo de compresión ver Bzip2
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0f/CREB.png/640px-CREB.png)