escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Dorinda Remedios Vázquez Iglesias, nada no barrio do Polvorín (Ourense) o 21 de agosto de 1913 e finada o 23 de setembro de 2010[1] na mesma cidade, foi unha escritora galega. Foi irmá da tamén escritora Pura Vázquez.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1913 Ourense, España |
Morte | 23 de setembro de 2010 (97 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | poetisa , escritora |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Pura Vázquez |
Criouse na cidade da Coruña dos seis aos trece anos, cando regresou coa súa familia a Ourense, logo de que seu pai, funcionario de correos e poeta afeccionado,[2] fose sancionado durante a guerra civil. Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Ourense en 1933 e exerceu en Teimende, no concello de Parada de Sil, durante dez anos e en Larín, no concello de Arteixo, outros quince anos ata a súa xubilación anticipada por motivos de saúde. Foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2005.[3]
Comezou a publicar artigos no xornal La Noche de Santiago de Compostela, publicou en numerosas publicacións galegas e de América. Aínda que escribiu poesía, Dora, dedícase sobre todo á narrativa con especial dedicación á infantil e xuvenil, á que lle dá un sentido exemplarizante e didáctico.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.