Pura Vázquez
escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Carmen Pura Vázquez Iglesias, nada en Ourense (no barrio do Polvorín) o 31 de marzo de 1918 e finada na mesma cidade o 25 de xullo de 2006, foi unha poeta galega. Representante da poesía de posguerra, apostou por unha saída lírica e existencialista fronte a liñas máis combativas. Poeta en galego e castelán e irmá da escritora Dora Vázquez, tamén se conta entre as escritoras vencelladas á emigración. Foi a primeira muller que comezou a publicar en galego nos xornais e revistas de Galiza e da emigración tras a guerra civil. Tamén foi unha das pioneiras no eido da literatura infantil e xuvenil.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Remove ads
Traxectoria


Criouse na cidade da Coruña desde case o seu nacemento ata os sete anos de idade, cando regresou coa súa familia a Ourense, logo de que seu pai, funcionario de Correos, fose sancionado durante a guerra civil. Estudou alí a primaria, o bacharelato e a carreira de Maxisterio. Desempeñou a primeira escola, logo da oposición, en diversas localidades da provincia ourensá e logo por Segovia, Toledo, Sevilla ou Madrid. Nesta última capital xubilouse en 1985, cando enviuvou, e regresou definitivamente a Ourense, onde viviu os seus derradeiros vinte anos de vida.
En 1955 viaxou por primeira vez a Venezuela, onde foi encargada polas autoridades venezolanas de organizar e dirixir un xardín de infancia piloto en Caracas. Un ano despois, é chamada pola Universidade Central para ser secretaria da Escola de Xornalismo, que daquela funcionaba dentro da Facultade de Letras. Alí tamén mantivo contactos co ámbito literario da emigración galega. Regresou á docencia na península en 1968.
Poesía
Comezou a escribir e publicar desde moi nova, en revistas e prensa galegas, fundamentalmente ourensás. En 1944 a Deputación de Ourense publicoulle o seu primeiro libro de poesía en castelá. Antes, en 1943, publicáranlle xa persoas particulares unha edición de 18 exemplares doutro libro tamén escrito en castelán, pero que incluía xa nove poemas en galego, o que para aquela data era algo insólito. Neste idioma publica tamén xa entón contos e poesías en xornais e revistas galegas de Galiza e da emigración, como no Centro Gallego de Buenos Aires.
En 1952 editouse como número dous da Colección Xistral, o seu libro Íntimas totalmente xa escrito en galego. En Galiza, e logo en Castela e en Venezuela, seguiu publicando poesía, alternando o galego co castelán. Posteriormente atravesou un intervalo de preto de nove anos sen escribir, por motivos familiares e de saúde.
Xa xubilada e volvida para a casa familiar das Mercedes, en Ourense, publicou en 1990 e 1991 unha antoloxía poética en castelán e outra en galego, onde recolleu parte da obra que fora editando en todos os seus anos anteriores. A partir dese momento, seguiu publicando poesía, fundamentalmente en galego. Moitas das súas obras foron editadas por ela mesma, fóra de editoriais comerciais, e escritas a miúdo a catro mans coa súa irmá Dora Vázquez.
Remove ads
Produción literaria en galego
Poesía
- Íntimas, 1952, Colección Xistral.
- Maturidade, 1955, Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.
- A saudade e outros poemas, 1963, Galaxia.[1]
- O desacougo, 1971, Galaxia.
- Antoloxía, 1991, edición da autora. Ourense.
- Verbas na edra do vento, 1992, Ediciós do Castro.
- Zodíaco, 1992, edición da autora.
- Man que escribiu no mar, 1993, edición da autora.
- A carón de min (nova antoloxía poética), 1994, Xunta de Galicia.
- Se digo Ourense..., 1994, Concello de Ourense.
- Orballa en tempo lento, 1995, Espiral Maior.
- Poesía de Pura Vázquez, 1995, Caixa Ourense.
- Desmemoriado río, 1997, Espiral Maior.
- Terra matria dos soños, 1999.
- Náufragos da elexía, 2001, Litoral das Rías, Madrid.
- A música dos tempos, 2002, edición da autora.
- Sempre irmá. Poesía en tón menor, 2002, edición da autora.
- Todo vén desa luz, 2004, Deputación de Ourense.
Narrativa
- Os Aldán foron a América, 1996, Deputación de Ourense.
- Edras do vento: narrativa, 2001, edición da autora.
- O frade era galego e outros relatos, 2002, Ediciós do Castro.
Ensaios e artigos xornalísticos
- Terra matria dos soños, 1999, Abano, Ourense.
- O mundo máxico das ideas, 2001, edición da autora.
Literatura infanto-xuvenil
- Rondas de norte a sur: poesía infantil, 1968, Caixa de Aforros Provincial de Ourense.
- Versos para os nenos da aldea, 1968, Ourense.
- Un niño para xílgaros cantores, 2002, publicado en Internet.
Obras colectivas
- Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Ediciós do Castro.
- IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
- Manuel María, 2001, Ophiusa.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- 23 poetas cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo.
- Poemas de amor. Xeración dos 50, 2004, Tórculo. Por Maximino Cacheiro Varela.
- Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
- Poetas e narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
- Tamén navegar, 2011, Editorial Toxosoutos.
—Pura Vázquez [2] |
- Obras con Dora Vázquez
- O páxaro azul e O trasno enredador, en Monicreques, 1974, La Región.
- Oriolos neneiros, 1975, edición das autoras.
- Segundo Pereira, en Dúas novelas galegas, 1978, edición das autoras.
- Estreliña na Terra e O anel, en Ronseles, 1980, La Región.
- Viaxe ó país dos contos e da poesía, 1985, Caixa Ourense.
- Teatro completo para nenos, 2000, Abano, Ourense.
Remove ads
Produción literaria en castelán
Algunhas das súas obras en castelán son:
Poesía
- Márgenes veladas: poesía, 1944, Ourense.
- Peregrino de amor, Ourense.
- En torno a la voz, Ourense.
- Desde la niebla, 1951, Casa de Antonio Machado, Segovia.
- Tiempo mío, 1952, Palma, Madrid.
- Mañana del amor: poesía, 1956, Surco.
- Destinos, Lírica Hispana, Caracas.
- 13 poemas a mi sombra, Arte, Caracas.
- Presencia de Venezuela, Lírica Hispana, Caracas.
- Contacto humano del recuerdo: poemas, 1985, Rondas.
- Herida soledad hacia lo alto, 1988, Torremozas.
- Antología poética en castellano, 1990, edición da autora.
- Zodíaco, opúsculo, 1992.
- Los silencios de Alargán, 1994.
Literatura infanto-xuvenil
- Columpio de luna a sol, Boris Bureba, Madrid.
Obras con Dora Vázquez
- Los poetas, 1971, edición da autora.
Premios e homenaxes
- Académica correspondente da Real Academia Galega dende 1949.[3]
- En 1992 un grupo de mulleres ourensás dedicáronlle unha homenaxe durante o Día Internacional da Muller Traballadora
- En 1993 recibiu o premio de Creación Cultural Feminina outorgado pola Xunta de Galicia.
- En 1995 impuxéronlle a Medalla Castelao.
- En 1996 foille concedido o Premio Trasalba.
- En 2000 recibiu o Premio das Letras e das Artes de Galicia.
- Dende 2002 a Deputación de Ourense convoca a edición dos premios de narración e ilustración infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez.[4]
- En 2005 recibiu a homenaxe da Asociación de Escritores en Lingua Galega, sendo nomeada socia de honra.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads