Día da Clase Obreira Galega
conmemoración anual non festiva / From Wikipedia, the free encyclopedia
O día da Clase Obreira Galega é unha conmemoración anual non festiva celebrada cada 10 de marzo para lembrar a morte de dous traballadores galegos nun enfrontamento coa policía en Ferrol.
A súa orixe está no 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista disparou contra unha protesta sindical nos estaleiros de Bazán, en Ferrol, e onde morreron dous traballadores[1], Amador Rey e Daniel Niebla, e onde resultaron feridos ao redor de medio cento de manifestantes máis. Dende aquel ano, a data é homenaxeada polas diferentes organizacións sindicais de Galiza, reclamando melloras sociais e laborais.