celebración tradicional de Estados Unidos e Canadá From Wikipedia, the free encyclopedia
O Día de Acción de Grazas, en inglés Thanksgiving, é unha celebración tradicional dos Estados Unidos e o Canadá, e habitual tamén no Brasil, nalgunhas illas caribeñas, en Liberia e en diversas comunidades de inmigrantes estadounidenses en Centroamérica e Israel.
Nos Estados Unidos celébrase o cuarto xoves do mes de novembro, aínda que orixinalmente se facía o último xoves. No Canadá, pola súa banda, celébrase o segundo luns de outubro. Xeralmente, nesta festividade reúnense arredor dunha mesa familiares e amigos a compartir un banquete. Trátase dunha festividade de orixe relixiosa.
Celebrouse por vez primeira en Plymouth (Massachusetts)[1], por parte dos colonos que fundaran a vila, en 1620. No ano seguinte, tras un inverno cru, os colonos tiveron unha boa colleita de millo coa chegada do verán de 1621. Por orde do gobernador da vila, en homenaxe ao progreso desta xeira e as de anos anteriores, fixouse a festa no inicio do outono de 1621. Para a ocasión, os vilegos de Plymouth mataron patos e pavos. Outros alimentos que formaban parte do banquete eran peixes e millo. Cerca de noventa indios participarían do festexo.
Con todo, existe certa controversia respecto da orixe da celebración: os estudosos Robyn Gioia e Michael Gannon, da Universidade de Florida sosteñen que a primeira celebración deste día no territorio que hoxe ocupan os Estados Unidos de América foi levada a cabo por colonos españois o 8 de setembro de 1565, en San Agustín (Florida)[2].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.