![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Edgar_von_Wahl_%2528cropped%2529.jpg/640px-Edgar_von_Wahl_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Edgar de Wahl
linguista / From Wikipedia, the free encyclopedia
Edgar de Wahl, nado en Olviopol[1] (hoxe chamado Pervomaysk, en Ucraína, daquela pertencente ao Imperio Ruso) o 11 de agosto de 1867 e finado en Talín o 9 de marzo de 1948, foi un lingüista ruso, creador da lingua auxiliar internacional chamada Occidental ou Interlingue.
![]() (1927) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de agosto de 1867 ![]() Olviopol (Imperio Ruso) ![]() |
Morte | 9 de marzo de 1948 ![]() Talín, Estonia ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estonia (1918–) Imperio Ruso (–1918) ![]() |
Educación | Universidade Estatal de San Petersburgo Academia de Artes da Rússia (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüista e Interlingüística ![]() |
Ocupación | lingüista , mestre , idista , esperantista , político ![]() |
Empregador | Tallinn Secondary School of Science (en) ![]() ![]() |
Lingua | Esperanto, Lingua occidental, Ido, lingua alemá, lingua rusa, lingua estoniana e lingua francesa ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Marinha Imperial Russa (pt) ![]() ![]() |
Familia![]() | |
Familia | Wahl ![]() |
Pais | Oskar von Wahl (pt) ![]() ![]() ![]() |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e8/OCCIDENTAL-Runde_Mauer_bei_Wien_1927.jpg/640px-OCCIDENTAL-Runde_Mauer_bei_Wien_1927.jpg)
De Wahl formouse en San Petersburgo e completou voluntariamente o servizo militar na Mariña Imperial Rusa. En 1894 trasladouse a Talín, onde viviu case o resto da súa vida. Traballou como profesor de escola, ensinando en varias escolas de Talín. Antes e durante a Primeira guerra mundial, tamén foi concelleiro da cidade de Talín.
Edgar de Wahl dedicouse á lingüística como un pasatempo, non a estudara e non fixo traballo profesional como lingüista. O interese de De Wahl polas linguas, e especialmente polas artificiais, xurdiu xa cando estudaba en San Petersburgo. Comezou como defensor do volapük e máis tarde involucrouse no esperanto, sendo un dos primeiros esperantistas. Porén, na última década do século XIX comezou a procura dunha nova lingua internacional ideal, que levou en 1922 á introdución dunha lingua chamada occidental e, en particular, á publicación da revista Kosmoglott, que estaba destinada a promover a lingua.
De Wahl renunciou á oportunidade de reasentarse en Alemaña en 1939, quedando en Estonia e sendo levado ao hospital psiquiátrico de Seewald durante a ocupación alemá. En 1945, mentres estaba nun hospital psiquiátrico, escapou por pouco da deportación e morreu alí en 1948.
En 1949, a lingua que creou pasou a chamarse Interlingue, e baixo este nome aínda se coñece principalmente na actualidade.