Ucraína
país de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ucraína[1] (en ucraíno: Україна, tr. "Ukraina"[2][3], [ukrɑˈjinɑ] (AFI)) é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os mares Negro e Azov e o río Prípiat, entre as planicies húngaras, a foz do Danubio e o río Don. Os ríos Dniéper e Dniéster son os límites xeográficos centrais de Ucraína. A cidade de Kíiv é a vella capital e o centro da vida cultural ucraína.
Україна (uk) | |||||||||||||
Himno | Shche ne vmerla Ukrainy | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | nome de Ucraína | ||||||||||||
Localización | |||||||||||||
| |||||||||||||
Capital | Kíiv | ||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||
Poboación | |||||||||||||
Poboación | 41.167.335 (2022) (68,21 hab./km²) | ||||||||||||
Lingua oficial | lingua ucraína | ||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||
Parte de | |||||||||||||
Superficie | 603.550 km² | ||||||||||||
Punto máis alto | Hoverla (2.061 m) | ||||||||||||
Punto máis baixo | Esturario de Kuialnyk (−5 m) | ||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||
Creación | 24 de agosto de 1991: causado por Intento de golpe de estado na Unión Soviética | ||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||
Día festivo | |||||||||||||
Organización política | |||||||||||||
Forma de goberno | República semipresidencialista | ||||||||||||
• Presidente | Volodymyr Zelensky (2019–) | ||||||||||||
Órgano executivo | Consello de Ministros de Ucraína | ||||||||||||
• Primeiro ministro | Denys Shmyhal (2020–) | ||||||||||||
Órgano lexislativo | Rada Suprema , (Escano: 450) | ||||||||||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Supremo de Ucraína | ||||||||||||
Membro de | |||||||||||||
PIB nominal | 199.765.856.765 $ (2021) | ||||||||||||
Moeda | Hrivna | ||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||
Dominio de primeiro nivel | .ua e .укр | ||||||||||||
Prefixo telefónico | +380 | ||||||||||||
Teléfono de emerxencia | 112, 101, 102 e 103 | ||||||||||||
Código de país | UA | ||||||||||||
Páxina web | ukraine.ua | ||||||||||||
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Ucraína confina ao sur co mar Negro e o mar de Azov, ao suroeste con Moldavia e Romanía, ao oeste con Hungría, Eslovaquia e Polonia, ao norte con Belarús e ao leste con Rusia, atinxindo case as estepas do río Volga e a rexión caucásica.
Esténdese por un territorio xeográfico de 603 700 km² e comprende un territorio etnográfico mixto de 945 000 km². Ucraína é o segundo maior país de Europa (detrás de Rusia).
A poboación de Ucraína é de arredor de 41 millóns de habitantes.