escritor uruguaio From Wikipedia, the free encyclopedia
Eduardo Hughes Galeano, nado en Montevideo o 3 de setembro de 1940 e finado na mesma cidade o 13 de abril de 2015, foi un xornalista e escritor uruguaio, un dos persoeiros máis destacados da literatura iberoamericana.
Os seus libros foron traducidos a varios idiomas. Os seus traballos transcenden xéneros ortodoxos, combinando documental, ficción, xornalismo, análise política e historia. Galeano nega ser un historiador: "Soy un escritor que quisiera contribuir al rescate de la memoria secuestrada de toda América, pero sobre todo de América Latina, tierra despreciada y entrañable". Clasifícase como un xornalista que estuda a globalización e os seus efectos negativos.
Naceu no seo dunha familia católica de clase media con devanceiros galeses, alemáns, españois e italianos. Durante a súa adolescencia transitou por diversos traballos: foi mecánico de coches, recaudador, pintor de carteis, mensaxeiro, mecanógrafo e caixeiro. Con 14 anos vendeu a súa primeira caricatura política a El Sol, o semanario do Partido Socialista.
Comezou a súa carreira como xornalista a principios dos anos 60 como editor de Marcha (1960-64), un semanario que, baixo a dirección de Carlos Quijano, exerceu forte influencia no pensamento uruguaio da época, e que contou con contribucións de autores como Mario Vargas Llosa, Mario Benedetti, Manuel Maldonado Denis ou Roberto Fernández Retamar. Durante dous anos editou o diario Época e traballou como editor xefe na prensa universitaria.
En 1973 o golpe militar tomou o poder e, debido ó seu involucramento con correntes marxistas (MLN-T), Galeano foi capturado e logo forzado a escapar. Estableceuse na Arxentina, onde fundou a revista cultural Crisis.
En 1976, cando o réxime de Jorge Rafael Videla tomou o poder na Arxentina mediante un golpe militar que deu orixe a unha ditadura, o seu nome foi agregado á lista de condenados polos escuadróns da morte, razón pola que se viu obrigado a fuxir novamente, esta vez a España, onde escribiu a súa famosa triloxía Memoria del fuego.
Reside desde 1985 -tras finalizar a ditadura uruguaia- no seu Montevideo natal, onde segue facendo a súa literatura e o seu xornalismo de marcada tinguidura política.
Las venas abiertas de América Latina (1971) é a súa obra máis coñecida, un acta de acusación da explotación de Latinoamérica por poderes estranxeiros a partir do século XV. A súa extensa bibliografía e minuciosa investigación permitiu ó autor plasmar cruamente a problemática sociolóxica, económica e política de América Latina.
Memoria del fuego, obra amplamente aclamada pola crítica, é un relato da historia de América dividido en tres tomos. Os seus personaxes son figuras históricas, xenerais, artistas, revolucionarios, obreiros, conquistadores e conquistados, que son presentados en episodios breves que reflicten á súa vez a historia colonial do continente. Comeza cos mitos de creación pre-colombinos e culmina na década de 1980.
Foi galardonado co Premio Casa de las Américas en dúas ocasións: en 1975 pola novela La canción de nosotros, e en 1978 por Días y noches de amor y de guerra, de xénero testemuñal.
Galeano foi comparado con John Dos Passos e Gabriel García Márquez[Cómpre referencia].
A Galicitas posúe citas sobre: Eduardo Galeano |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.