Efecto Kuleshov
From Wikipedia, the free encyclopedia
O efecto Kuleshov é un fenómeno cognitivo da montaxe cinematográfica mostrado polo cineasta ruso Lev Kuleshov (ás veces transcrito Kulesov ou Kulešov) nos anos vinte.
Kuleshov fixo un experimento que demostrou que a sensación que un plano transmite ao espectador está influenciada de xeito decisivo polos planos anterior e posterior. O efecto Kuleshov foi, polo tanto, a demostración da grande importancia da montaxe para comprender o que aparece nunha secuencia cinematográfica e foi fundamental para a formulación das primeiras teorías sobre a propia montaxe. Non obstante, non hai documentos nin probas sobre este experimento, xa que o material da película foi destruído durante a segunda guerra mundial e nin sequera existe a certeza de que o experimento se producise realmente nos termos nos que foi descrito, tendo en conta que os testemuños dos que participaron nela difiren nalgúns detalles.[1]