From Wikipedia, the free encyclopedia
Emile Berliner, nado o 20 de maio de 1851 e finado o 3 de agosto de 1929, foi un inventor xermano-estadounidense do transmisor telefónico, do gramófono, dos discos de vinilo e precursor do micrófono. Tamén dedicou gran parte da súa fortuna en axudar a reducir a mortalidade infantil.[1]
Naceu en Hannover, Alemaña, aos 19 anos emigrou a Estados Unidos (1870) seguindo o exemplo dun amigo. Pasaba moito tempo na biblioteca do Instituto Cooper, onde adquiriu interese pola electricidade e o son.
En 1876 asistiu en Filadelfia a unha gran exhibición de inventos e descubrimentos científicos, incluíndo o primeiro teléfono de Alexander Graham Bell que fascinou a Berliner. Comezou entón a investigar como melloralo na súa vivenda en Washington, até que logrou crear un bo emisor para enviar mensaxes sen importar a distancia. En termos simples, inventou un micrófono.
En setembro de 1877, a empresa Bell Telephone de Boston pagoulle a Berliner polo seu invento e contratouno para desenvolver outras melloras, até que en 1883 deixou a compañía e regresou a Washington para traballar no seu laboratorio. Alí inventou o gramófono en 1887, que permitiu a gravación e reprodución de sons en discos.
Ambos utilizan a gravación mecánica (un dos tres sistema analóxicos de gravación), pero é o único que teñen en común. O fonógrafo utilizaba cilindros, como as caixas de música. O gramófono usaba discos, aínda que non estaban feitos de acetato de vinilo.
Thomas Edison patentou o fonógrafo en 1877, Berliner o gramófono case unha década máis tarde.
O gramófono comezou a ser comercializado en 1893 pola compañía "The United States Gramophone Company" que Berliner fundou. Cara a 1899, o invento de Emile Berliner estaba en mans de tres compañías: "The Berliner Gramophone Company" (Philadelphia) que fabricaba os gramófonos e os discos, "The Seaman National Gramophone" (Nova York) que levaba a cabo a comercialización e "United States Gramophone Company" (Washington) da que el era dono.
O 2 de xaneiro de 1900 Berliner comeza a fabricar en Montreal os discos de sete polgadas dun só lado ou sinxelos. A principios do mesmo ano, a segunda das compañías mencionadas negociou un acordo coa "American Gramophone and Columbia Phonograph" para fabricar o zonófono, un aparato similar. Berliner considerouno unha traizón ao acordo de exclusividade que tiña, o que se agravou cando mediante un xuízo comercial a "Seaman National Gramophone" logrou que se prohibira á compañía de Berliner vender o seu invento nos Estados Unidos. Por isto, Berliner trasladou a súa empresa a Montreal (Canadá), a cal pasou a chamarse "Berliner Gram-O-phone Company".
O 16 de xullo de 1900, Berliner rexistrou o logotipo da súa compañía: un can escoitando un gramófono. En 1924, a compañía foi comprada por "Victor Talking Machine Company", a cal en 1929 pasou a chamarse RCA Victor, tras ser adquirida por Radio Corporation of America (RCA). Emile Berliner faleceu o 3 de agosto de 1929, como consecuencia dun infarto de corazón.
Imaxes de patentes en TIFF
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.