Escocés do Ulster
From Wikipedia, the free encyclopedia
O escocés do Ulster ou scots do Ulster (en scots: Ulstèr-Scotch, en irlandés Albainis Ultach) é un dialecto do escocés scots falado nalgunhas partes da rexión irlandesa do Ulster.[1] [2] [3] Considérase xeralmente como un dialecto ou grupo de dialectos da lingua xermánica escocesa (non confundir co gaélico escocés, ás veces chamada simplemente "escocés" ou "lingua escocesa"), aínda que organizacións como a Ulster-Scots Language Society e a Ulster-Scots Academy[4] considérano unha lingua por dereito propio e o antigo Departamento de Cultura, Artes e Lecer[5] utilizaron o termo lingua escocesa do Ulster.
Datos rápidos Lingua, Códigos de lingua ...
Lingua | ||
---|---|---|
Falado en: | Ulster (Irlanda do Norte e República de Irlanda) | |
Total de falantes: | Uns 30.000 en Irlanda do Norte e uns 10.000 no norte da República de Irlanda. Os censos varían e algúns dan cifras moito maiores por incluír falantes do inglés con forte acento do Ulster. | |
Familia: | Indoeuropeo > Xermánico > Xermánica occidental > ingvaeonic > Anglo-frisón > Anglo > Escocés | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar