Esquimó
From Wikipedia, the free encyclopedia
Esquimó é un nome común para os individuos de distintos pobos indíxenas que habitan as rexións árticas de Groenlandia, América e parte de Siberia.[1] Denomínase así dous grupos étnicos relacionados:
- Os inuit, habitantes da tundra ártica do norte de Alasca, Canadá e Groenlandia.
- Os iupik, habitantes do sur de Alasca, que é de clima subártico, e da península siberiana de Chukchi.
- Para as linguas que se falan neste pobo véxase Linguas inuit
Esquimó | |
---|---|
Familia inupiaq, 1929 - por Edward S. Curtis. | |
Poboación | |
Poboación total: 175 000 | |
Rexións principais: | |
Dinamarca | Groenlandia |
Canadá | Nunatsiavut, Nunavik, Nunavut, Territorios do Noroeste |
Estados Unidos | Alasca |
Rusia | Siberia, nordeste de Chukotka, illa Diomedes Maior |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas esquimó-aleutianas (Inuit) |
Relixión | Animismo, Cristáns |
Grupos relacionados | Aleutianos |
Este artigo amosa letras nativas canadenses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A palabra esquimó (en inglés eskimo; en francés eskimo (ou, máis raramente, en plural, eskimau ou esquimaux) caeu en desuso no Canadá, pois se considera despectiva e, oficialmente, só se utiliza inuit que significa "o pobo" (en inuktitut, ᐃᓄᐃᑦ inuit). En Groenlandia úsanse ambos os termos. Pero en Alasca e Siberia os poboadores iupik seguen chamándose esquimós. En galego, a palabra "inuit" non figura no dicionario da RAG.[2]
Aos grupos inuit e iupik habería que engadir o dos sadlermiut, da baía de Hudson, últimos relictos da cultura Dorset, cuxa pequena poboación se extinguiu en 1902 ao contraeren enfermidades novas polo contacto con occidentais.[3]