Apeadoiro de Elviña-Universidade
From Wikipedia, the free encyclopedia
Elviña-Universidade é un apeadoiro de tren de Adif situado na parroquia de Elviña, no concello da Coruña. Dá servizo á propia localidade de Elviña e principalmente ao campus da Universidade da Coruña.
Datos rápidos Elviña-Universidade, Situación ...
Elviña-Universidade | |
---|---|
Apeadoiro de Elviña Universidade. | |
Situación | A Coruña |
Liñas | |
Media distancia | MD |
Intermodalidade | |
Bus | Liña UDC (Compañía de Tranvías da Coruña) |
Pechar
Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. No ano 2008 tivo un tráfico de 6.000 pasaxeiros, o que equivale a uns 16 pasaxeiros diarios de media. Porén, logo de 2017, os datos de Renfe Operadora indicaban que menos dun milleiro de persoas empregaban esta estación anualmente.[1]