Universidade da Coruña
universidade pública galega con sede na Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade da Coruña é unha universidade pública, creada en 1989 coa lei de ordenación do sistema universitario de Galicia. Encóntrase estruturada territorialmente en sete campus na Coruña —A Mestranza, Riazor, Elviña, A Zapateira, Oza, Bastiagueiro e Oleiros (estes dous no concello de Oleiros)— e dous en Ferrol —Esteiro e Serantes—.
Datos rápidos Datos xerais, Localización ...
Universidade da Coruña | |
---|---|
Logotipo da UDC coa lenda Hac Luce ('Aquí, a luz'). | |
Datos xerais | |
Localización | A Coruña / Oleiros / Ferrol |
Datos actuais | |
Reitor | Ricardo Cao |
Alumnos | 21.136 (Curso 2010-2011)[1] |
Datos de contacto | |
Enderezo | Rúa da Mestranza, s/n. 15001 A Coruña Galicia |
Páxina web | www.udc.gal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A Universidade da Coruña posúe titulacións únicas en Galicia, como Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñaría de Deseño Industrial, Enxeñaría Naval e Oceánica, Podoloxía, Socioloxía ou Xestión Industrial da Moda.