Estadio Municipal de Riazor
estadio deportivo da cidade da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estadio Municipal de Riazor é un estadio público destinado principalmente á práctica de fútbol profesional masculino, situado na cidade da Coruña, inaugurado o 28 de outubro de 1944. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Riazor.
Datos rápidos Datos, Localización ...
Estadio Municipal Abanca-Riazor | |
---|---|
Riazor en 2008 | |
Datos | |
Localización | Rúa de Manuel Murguía, s/n 15011 A Coruña, Galicia |
Construción | |
Inauguración | 28 de outubro de 1944 |
Renovación | 1982, 1998, 2018 |
Arquitecto |
|
Estadio | |
Superficie | Herba natural |
Dimensións | 105 × 68 |
Capacidade | 34.899 |
Propietario | Concello da Coruña |
Localía | Deportivo da Coruña (1944–presente) |
Eventos | |
|
Pechar
Ten capacidade para 34.899 espectadores sentados (logo das reformas de 1982, 1998 e 2018) e un terreo de xogo de 105×68 metros.[1] Trátase do estadio con maior capacidade de Galicia. O seu enderezo é Rúa de Manuel Murguía, s/n 15011, A Coruña.
Por motivos de patrocinio, desde 2017 é denominado Abanca-Riazor, mais unica e exclusivamente nos partidos que xoga o Deportivo.[2][3]