![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6b/Svsimeon.jpg/640px-Svsimeon.jpg&w=640&q=50)
Estevo Nemanja
From Wikipedia, the free encyclopedia
Estevo Nemanja (en eslavo eclesiástico, Стѣфань Неманя; en serbio cirílico, Стефан Немања; en latino, Stefan Nemanja; pronunciación AFI,ˈstɛfaːn 'nɛmaɲa) nado contra 1113,[1] e finado o 13 de febreiro de 1199[1], foi un gobernante medieval serbio, gran župan de Raška, e fundador da dinastía Nemanjić, que gobernou o Reino de Serbia, que os seus sucesores converteron no Imperio serbio, o estado serbio máis poderoso de todos os tempos.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1113 (Gregoriano) ![]() Depedogen (Doclea) ![]() |
Morte | 13 de febreiro de 1199 (Gregoriano) ![]() Mosteiro de Hilandar, Grecia (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Studenica (pt) ![]() ![]() |
Župan | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo e Igrexa ortodoxa serbia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Eastern Orthodox monk (en) ![]() ![]() |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 13 de febreiro ![]() |
Familia![]() | |
Familia | Casa de Nemanjić ![]() |
Cónxuxe | Anastasia of Serbia |
Fillos | Sava de Serbia, Vukan Nemanjić of Serbia (en) ![]() ![]() |
Pai | Zavida (en) ![]() ![]() |
Irmáns | Estêvão Tihomir (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
25 de marzo de 1196-1199 | monasticismo (pt) ![]() |
1168 | Council against Bogomilism (Serbia) (en) ![]() |
1167 | Battle of Pantino (en) ![]() ![]() |
![]() |
![]() |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Considérase, xunto co seu fillo, Rastko Nemanjić (San Sava), o pai da Igrexa ortodoxa serbia. Ao longo da súa vida, patrocinou moitas igrexas e mosteiros, e o últimos anos pasounos nun deles, o mosteiro de Hilandar, no Monte Athos (Grecia), e despois no de Chelandariou onde morreu e foi enterrado o ano 1199.
En 1200 a Igrexa ortodoxa serbia canonizouno co nome de San Simeón (San Simón) (en serbio, Sveti Simeon). Os seus restos foron trasladados ao Mosteiro de Studenica o ano 1208, onde prermaneceron até hoxe.[2]
Venerado pola Igrexa ortodoxa, a súa festividade é o 26 de febreiro (polo calendario gregoriano), 13 de febreiro (polo calendario xuliano).