Estreito de Magalláns
From Wikipedia, the free encyclopedia
O estreito de Magalláns[1][2] ou estreito de Magallanes[3] é un paso marítimo localizado no extremo sur de Suramérica, entre a Patagonia, Illa Grande da Terra do Fogo e varias illas situadas ao oeste desta, cara ao océano Pacífico.
É o principal paso natural entre os océanos Pacífico e Atlántico.
De acordo coa Organización Hidrográfica Internacional, a súa boca oriental está determinada pola liña que une o cabo Vírgenes co cabo do Espírito Santo.[4]
Porén, este límite non foi aceptado nin pola Arxentina nin por Chile, que asinaron o Tratado de paz e amizade entre a Arxentina e Chile, que estableceu no seu artigo 10º que «o extremo oriental do Estreito de Magalláns [está] determinado por Punta Dungeness no norte e o Cabo do Espírito Santo no sur»,[5] considerándoo integramente dentro da xurisdición de Chile, na Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena.
De acordo con tratados arxentino-chilenos de 1881 e 1984, o acceso pola súa boca oriental e a navegación polo mesmo encóntranse asegurados aos buques de todas as bandeiras en todo tempo e circunstancia.