![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/df/USA_Alaska_location_map.svg/langgl-640px-USA_Alaska_location_map.svg.png&w=640&q=50)
Etolin
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Etolin (Inglés:Etolin Island) é unha illa dos Estados Unidos localizada no arquipélago Alexander, no sueste do estado de Alasca (56°08′N 132°24′O) Atópase entre a illa do Príncipe de Gales, ao oeste e o territorio continental de Alasca, ao leste, e a illa Wrangell, ao sueste. Cartografouse por primeira vez en 1793 por James Johnstone, un dos oficiais de George Vancouver durante a a súa expedición 1791-95. Trazou soamente as súas costas do suroeste e do leste, sen decatarse de que era unha illa.[1] Orixinalmente chamouse illa do Duque de York (Duke of York Island), pasou a chamarse Etolin cando os Estados Unidos realizaron a compra de Alasca a Rusia.[2] Etolin leva o seu nome en recoñecemento a Adolf Etolin, administrador colonial na América rusa entre 1840 e ata 1845.
Etolin | |
---|---|
Localización da illa | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Estado | ![]() |
Arquipélago | Arquipélago Alexander |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 56°05′52″N 132°21′37″O |
Xeografía | |
Superficie | 878´1 km² |
Longura máxima | 48 km. |
Largura máxima | 16 - 35 km. |
Demografía | |
Poboación | 15 (Censo 2000) |
Densidade | <1 hab./km² |
A illa ten 48 km de longo e entre 16 e 35 km de largo, cunha superficie de 878´08 km², polo que é a 24ª illa máis grande dos Estados Unidos. Segundo o censo de 2000, Etolin tiña unha poboación de tan só 15 persoas.
Na illa hai unha poboación introducida de alces. Toda a illa atópase dentro dos límites do Bosque nacional Tongass (Tongass National Forest). a parte sur da illa designouse oficialmente como Área Salvaxe Etolin Sur (South Etolin Wilderness).