Euroliga 2008-09
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Euroliga 2008-09 foi a novena edición da máxima competición de clubs de baloncesto de Europa dende a súa organización pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Incluíndo as edición desta competición organizadas por FIBA Europa é a edición número 52. Nesta edición compitiron vinte e catro equipos de trece estados distintos.
Tipo | Euroleague Basketball |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Euroleague Basketball |
Número de participantes | 24 |
Localización e Datas | |
Período de tempo | tempada 2008-2009 |
Número de edición | 9 |
Competición | |
Primeiro posto | Panathinaikos BC |
Datos estatísticos | |
Puntos por partido | Igor Rakočević |
Os catro mellores equipos, nesta edición o Panathinaikos grego, o CSKA Moscow ruso, o Regal FC Barcelona español e o Olympiacos grego disputaronse o título na Final Four, nesta edición disputada no O2 World de Berlín, capital de Alemaña. A final disputárona o Panathinaikos de Atenas e o CSKA de Moscova, proclamándose campión o equipo grego tras vencer por tan só dous puntos de diferenza, 73 a 71, o que supuxo o seu quinto campionato até esta edición.