![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Lichte_en_zwarte_versie_berkenspanner.jpg/640px-Lichte_en_zwarte_versie_berkenspanner.jpg&w=640&q=50)
Experimento de Kettlewell
From Wikipedia, the free encyclopedia
O experimento de Kettlewell foi un experimento biolóxico feito a metade da década de 1950 para estudar o mecanismo evolutivo do melanismo industrial na avelaíña Biston betularia.[1][2] Foi realizado por Bernard Kettlewell, que traballaba como investigador do Departamento de Zooloxía da Universidade de Oxford. Estaba investigando a causa da aparición de avelaíñas de cores escuras (melánicas) desde a Revolución Industrial en Inglaterra no século XIX. Realizou o seu primeiro experimento en 1953 no bosque contaminado de Birmingham, e o seu segundo experimento en 1955 en Birmingham e tamén nos bosques limpos de Dorset.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Lichte_en_zwarte_versie_berkenspanner.jpg/640px-Lichte_en_zwarte_versie_berkenspanner.jpg)
O experimento atopou que as aves depredaban selectivamente sobre as avelaíñas dependendo da súa cor en realación coa cor de fondo do seu ambiente. Deste xeito, a evolución do corpo de cores escuras proporcionou unha vantaxe de supervivencia nunha localidade contaminada. O estudo concluía que o "melanismo industrial en avelaíñas é o fenómeno evolutivo máis impresionante observado en calquera organismo, animal ou planta."[3] Agora considérase unha demostración clásica da selección natural de Charles Darwin en acción e un dos máis belos experimentos da bioloxía evolutiva.[4][5]