Factor de necrose tumoral (familia)
grupo de citocinas que pode causar a morte celular / From Wikipedia, the free encyclopedia
A familia do factor de necrose tumoral (ou familia TNF) é un grupo de citocinas que pode causar a morte celular (apoptose). Os primeiros dous membros desta familia que se identificaron foron:
- Factor de necrose tumoral alfa (TNF-α), que é o membro mellor coñecido da familia (xeralmente cando se di TNF sen especificar máis, estanse referindo ao TNF-α, xa que foi renomeado como TNF). É unha citotoxina derivada dos monocitos que foi implicada na regresión de tumores, shock séptico, e caquexia.[2][3] A proteína sintetízase como unha prohormona cunha secuencia sinal atípica e infrecuentemente longa, que está ausente na citocina madura que se segrega.[4] Un tramo curto hidrofóbico de aminoácidos serve para ancorar a prohormona nas bicapas lipídicas.[5] Tanto a proteína madura coma a forma parcialmente procesada da hormona poden ser segregadas despois da clivaxe do propéptido.[5]
- Linfotoxina alfa, tamén chamada anteriormente factor de necrose tumoral beta (TNF-β), é unha citocina que é inhibida pola interleucina 10.[6]
- TNF e Factor de necrose tumoral (indicados sen máis especificación) redirixen aquí. Para a forma alfa ver TNF-alfa.
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Factor de necrose tumoral (familia) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura trimérica do TNF alfa, producido por Mus musculus, baseado en PDB 2TNF (resolución de 1,4 Å). Os monómeros represéntanse con diferentes cores. Baeyens, KJ et al. (1999).[1] Figura obtido usando FirstGlance Jmol. | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | TNF | ||||||||
Pfam | PF00229 | ||||||||
InterPro | IPR006052 | ||||||||
PROSITE | PDOC00224 | ||||||||
SCOPe | 1tnf / SUPFAM | ||||||||
OPM superfamily | 357 | ||||||||
OPM protein | 2hew | ||||||||
|
Pechar
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Factor de necrose tumoral (familia) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura cristalina de trail-sdr5 | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | TNF | ||||||||
Pfam | PF00229 | ||||||||
Pfam clan | CL0100 | ||||||||
InterPro | IPR006052 | ||||||||
PROSITE | PDOC00561 | ||||||||
SCOPe | 1tnr / SUPFAM | ||||||||
|
Pechar