xornalista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando González Gómez, coñecido como Rey Chiquito, nado en Tolosa o 25 de marzo de 1868 e finado en Redondela o 22 de decembro de 1947, foi un xornalista e político vasco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1868 Tolosa, España |
Morte | 22 de decembro de 1947 (79 anos) Redondela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político |
Pseudónimo literario | Rey Chiquito |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Amado González Cardama |
Fillo de Antonio González (militar) e Ramona Gómez Paz, filla do xeneral Gómez (militar carlista). Educouse en Cataluña cunha irmá monxa e despois desprazouse a Redondela onde pasou a maior parte da súa infancia. Con trece anos cruzou o Atlántico rumbo a Buenos Aires, pasando despois a Chile, o Uruguai, México, Cuba e o Brasil, colaborando en varios periódicos. No Brasil fundou e dirixiu Unión Española e Noticiario Español, de Belém, Heraldo Español de Río de Xaneiro e El Hispano Americano de Salvador. Foi redactor de El Peninsular de Mérida (Estado do Iucatán), La Unión Española da Habana, Nueva Galicia, La Voz de Galicia e La Unión de Bos Aires, Los principios de Córdoba, La Provincia, de Concordia, La Tarde de Tandil, Diario Español, de Montevideo, Jornal do Brasil e Diario de Notizias de Río de Xaneiro. Foi tamén secretario de redacción de La Voz de la Patria. Dirixiu La Propaganda de Redondela en 1895. En 1896 presentouse voluntario para ir á Guerra de Cuba.
En 1913 foi nomeado oficial do Centro Galego de Río de Xaneiro.
Dirixiu o periódico Pimienta y Mostaza e fixo campaña polo deputado José Barreras Massó fronte ao melquiadista Luis de Zulueta en 1920. Dirixiu despois Ecos del Distrito sufragado por Barreras. En abril de 1925, despois de regresar da súa derradeira viaxe a Brasil, estableceu unha academia para preparar alumnos para o comercio. Posteriormente colaborou en Tramancazos e El Soplete. Tamén colaborou en Faro de Vigo e foi correspondente de Ahora e Semana Gráfica de Madrid. Na Segunda República foi membro do Partido Radical, e foi concelleiro na Comisión Xestora do Bienio Negro. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 pasou a colaborar en El Pueblo Gallego. Ao final da súa vida viviu en Ferrol, aínda que morreu en Redondela en 1947.
Casou en dúas ocasións, a segunda con María Cardama e foi pai de Amado González Cardama.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.