actor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Tejero, nado o 24 de febreiro de 1967 en Córdoba, é un actor español. É coñecido polo seu papel na existosa comedia Aquí no hay quien viva, emitida por Antena 3 entre 2003 e 2006, e que o converteu nun dos actores de moda en España.[Cómpre referencia]
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Fernando Tejero Muñoz-Torrero 24 de febreiro de 1967 (57 anos) Córdoba, España |
Datos persoais | |
Residencia | Córdoba |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema , actor de televisión |
Período de actividade | 1999 - |
Lingua | Lingua castelá |
Premios
| |
|
Nado en Córdoba, onde transcorreu a súa infancia e adolescencia, decidiu deixar atrás o seu traballo na peixaría que rexentaba a súa familia para trasladarse a Madrid e probar sorte no mundo da interpretación. Matriculouse na Escola de Cristina Rota, entrando en contacto co seu amigo, o actor Alberto San Juan e coa compañía teatral deste, Animalario, da que tamén formaban parte outros actores coma Ernesto Alterio, Andrés Lima e Guillermo Toledo.
David Serrano, tamén próximo a este grupo, ofrececeu a Fernando Tejero a oportunidade da súa vida na película Días de fútbol (2003), coa que acadou Premio Goya ó Mellor actor revelación.
Ese mesmo ano Elena Arnao selecciónao para formar parte de Aquí no hay quien viva, onde deu vida ó porteiro Emilio Delgado durante arredor de tres anos, acadando a través deste personaxe unha fama espectacular.
Grazas a esta popularidade, Tejero accedeu a papeis protagonistas en películas como El penalti más largo del mundo de (Roberto Santiago, 2005) ou Nadie es perfecto de (Joaquín Oristrell, 2005).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.