Fiji Airways
From Wikipedia, the free encyclopedia
Air Pacific Limited, comercializada como Fiji Airways (e anteriormente como Air Pacific), é a aeroliña nacional de Fidxi.[1] Está baseada en Nadi ], e opera servizos internacionais e domésticos a 17 cidades de 10 países ao redor do océano Pacífico. Fiji Airways transporta anualmente a case dous terzos dos visitantes do país.[1]
Fiji Airways | ||
---|---|---|
IATA FJ | OACI FJI | Indicativo FIJI |
Fundación | 1947 | |
Inicio das operacións | 1951 | |
Subsidiarias | Fiji Link | |
Frota | 9 | |
Destinos | 24 | |
Holding | goberno de Fidxi | |
Páxina web: http://fijiairways.com/ |
O primeiro voo comercial realizado como Fiji Airways foi no ano 1951, aínda que a orixe da aeroliña remóntase a Katafaga Estates Ltd., formada en 1947. Despois de ser mercada por Qantas en 1958, Katafaga Estates foi reestruturada como aeroliña rexional e rebautizada como Air Pacific. En maio de 2012 o CEO David Pflieger anunciou na parte final da súa exitosa recuperación, a aeroliña recuperaría o seu antigo nome e reforzaría o seu papel como aeroliña nacional de Fidxi.[2] O goberno do país posúe o 52% da compañía e Qantas o 46%, estando o resto en mans dos gobernos de distintas illas nación do Pacífico.[1]
A aeroliña vai substituír cinco dos seus Boeing 737 máis vellos polos novos 737 MAX 8 que serán entregados durante a partir do 2018. Dous dos novos aparellos agárdase que cheguen ese ano, e os seguintes durante 2019. Os avións realizarán servizos rexionais cara Australia, Nova Zelandia, Hawai, Kiribati, Samoa, as Illas Salomón, Tonga e Vanuatu.[3]