From Wikipedia, the free encyclopedia
Qantas Airways Limited é a aeroliña nacional de Australia. O nome é un acrónimo de "Queensland and Northern Territory Aerial Services", xa que orixinalmente servía Queensland e o Territorio do Norte, e ten o alcume de "The Flying Kangaroo" (o canguro voador). Ten a súa base no aeroporto de Sydney. É a aeroliña máis grande de Australia e a terceira máis antiga do mundo aínda en servizo, tras KLM e Avianca.[1] A sede de Qantas está situada no Qantas Centre, no suburbio de Mascot en Sydney. Qantas é un dos membros fundadores da alianza de aeroliñas Oneworld.[2]
Qantas | ||
---|---|---|
IATA QF | OACI QFA | Indicativo QANTAS |
Fundación | 16 de novembro de 1920 | |
Inicio das operacións | marzo de 1921 | |
Plan de voo frecuente | Qantas Frequent Flyer | |
Alianza | Oneworld | |
Frota | 147 | |
Destinos | 41 | |
Eslogan da compañía | Spirit of Australians | |
Sede | Sydney | |
Páxina web: http://www.qantas.com.au |
Qantas ten varias aeroliñas filiais que operan cara centros rexionais e realizan algunhas rutas troncais en Australia baixo o nome de QantasLink. Qantas temén é propietaria de Jetstar, unha aeroliña de baixo custo que opera tantos servizos internacionais dende Australia como servizos domésticos en Australia e Nova Zelandia, e ten accións en outras aeroliñas do Grupo Jetstar.
En decembro de 2020 a frota de Qantas estaba formada polos seguintes avións:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
F | J | W | Y | Total | ||||
Airbus A330-200 | 8 | — | — | 27 | — | 224 | 251[4] | |
10 | — | 28 | — | 243 | 271[5] | |||
Airbus A330-300 | 10 | — | — | 28 | — | 269 | 297[6] | |
Airbus A380-800 | 6 | — | 14 | 64 | 35 | 371 | 484[7] | Van ser reformados para unha configuración de 485 asentos.[8] Estarán almacenados ata 2023[9] |
6 | 14 | 70 | 60 | 341 | 485[10] | A cabina vai ser reformada.[11] Estarán almacenados ata 2023[9] | ||
Boeing 737-800 | 75 | — | — | 12 | — | 162 | 174[12] | |
Boeing 787-9 | 11 | 3[13][14] | — | 42 | 28 | 166 | 236[15] | Pedido orixinal de 8 con 15 opcións e 30 dereitos de compra.[13][16] Seis máis pedidos en maio de 2018.[14] |
Total | 126 | 3 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.