Filosofía da ciencia
rama da filosofía que investiga o coñecemento científico e a práctica científica / From Wikipedia, the free encyclopedia
A filosofía da ciencia é a parte da filosofía que estuda os fundamentos, presupostos e implicacións filosóficas da ciencia, incluíndo as ciencias naturais como física e bioloxía, e as ciencias sociais, como psicoloxía e economía. Neste sentido, a filosofía da ciencia está intimamente relacionada á epistemoloxía e á ontoloxía.[1] Procura explicar cousas como:
- A natureza das afirmacións e conceptos científicos.
- A forma como se producen.
- Como a ciencia explica, predí e, a través da tecnoloxía, domina a natureza.
- Os medios para determinar a validade da información.
- A formulación e uso do método científico.
- Os tipos de argumentos usados para chegar a conclusións.
- As implicacións dos métodos e modelos científicos para a sociedade e para as propias ciencias.[2]
Datos rápidos Tipo, Propósito ...
Filosofía da Ciencia | |
---|---|
Karl Popper, un dos filósofos que trataron a filosofía da ciencia como campo diferenciado. | |
Tipo | Campo da filosofía |
Propósito | Estudar os fundamentos, métodos, historia e implicacións da ciencia en relación a todo o coñecemento humano |
Campo de traballo | Filosofía, Ciencia |
Data de fundación | Como campo distinto dentro da filosofía, comezou a tomar forma a finais do século XIX e comezos do XX. Até ese momento, a filosofía e a ciencia ("filosofía natural") non se distinguían. Figuras como Newton ou Galileo eran consideradas tanto científicos como filósofos. |
Fundador(es) | Algúns filósofos pioneiros neste campo foron Karl Popper e Thomas Kuhn entre outros. |
Traballos destacados | "A Lóxica da Investigación Científica" de Popper, "A Estrutura das Revolucións Científicas" de Kuhn |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Unha visión é que todas as ciencias posúen unha filosofía subxacente independente do que se afirme ao contrario: Non hai ciencia libre de filosofía; hai só ciencia cunha bagaxe filosófica aceptada sen análise previa.[3]